O Club Deportivo Burela FS Pescados Rubén representado polo seu presidente, Manuel Blanco Fanego, quixo agradecer a confianza e colaboración do Mesón do Poeta coa entidade burelesa. O máximo dirixente laranxa acompañado das xogadoras Maite, Tainã e Gaby, apadriñadas esta tempada polo Mesón do Poeta, galardoaron ao emblemático restaurante burelés cun cadro con imaxes das xogadoras e de Uxía, actual responsable do Mesón do Poeta xunto ao seu marido Toño que recolleron a testemuña na dirección do restaurante familiar. O carismático restaurante e hostal foi dirixido durante décadas polos pais de Uxía; a incombustible e alegre Salomé e o entrañable “Poeta”.
O Mesón do Poeta sempre se brindou a calquera iniciativa de apoio ao CD Burela FS Pescados Rubén. Ademais dos ánimos de alento que en cada xornada Salomé e familia regalan en Vista Alegre, o Mesón do Poeta patrocina esta tempada ás xogadoras Maite, capitá laranxa, e ás brasileiras Gaby e Tainã.




















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
