Ribadeo, 16 de febreiro de 2015.- O Concello realiza diversas melloras no hospital asilo de Ribadeo, grazas á herdanza que unha veciña, falecida hai pouco tempo, deixou para este fin. En total o investimento realizado na modernización do ascensor, no cambio das ventás da terceira planta e na compra de electrodomésticos para a cociña e a lavandería ascendeu a uns 90.000 euros, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Fernando Suárez Barcia.
O rexedor sinalou que “quixemos desde o Concello recoñecer este acto de fraternidade que esta veciña de Ribadeo, que nos deixou non hai moito tempo, e que quixo que unha parte do seu legado, da súa herdanza, fose destinado ao hospital asilo de Ribadeo. E o Concello, coma lexítimo propietario dese edificio, ten a obriga de investir ese diñeiro da súa herdanza nas necesidades máis importantes, de acordo coa congregación relixiosa Marta e María, que rexe o hospital asilo”.
Suárez Barcia explicou que “eses cartos destináronse en modernizar e adaptar á normativa o ascensor do inmoble, traballos nos que se investiron uns 14.500 euros; outros 28.000 euros foron para proceder ao cambios das ventás da planta terceira, dado que nas outras plantas xa se tiña actuado hai uns dous anos entre o Concello e a Deputación de Lugo. Todo isto supuxo unha notable mellora térmica con illamento magnífico que permite que os residentes se encontren nunhas mellores condicións”. O alcalde ribadense dixo que “tamén fixemos unha nova instalación de auga quente sanitaria, para adaptala ás novas normativas e con depósitos actuais máis grandes e quixemos facer unha serie de cambios nos equipos electrodomésticos tanto na cociña (fritadeiras, lavalouzas, carros quentes) como na lavandería, adquirindo novas lavadoras e secadoras industriais. A inversión de todo isto, que foi por un procedemento aberto, superou os 90.000 euros, que é aproximadamente o legado que esta muller lle deixou ao hospital asilo. Si hai algún floco pendente será asumido polo Concello”.
Fernando Suárez subliñou que “a querencia desta xente que ao final da súa vida quere que parte da súa fortuna vaia para unha dotación pública, en fraternidade das persoas, queremos facerlle este recoñecemento público. O seu legado está a ser moi ben investido no hospital asilo de Ribadeo. Sen perxuízo de que o Concello, como todo o mundo sabe, está a traballar nunha nova residencia en construción na actualidade, con moitas ilusións e expectativas depositadas nela. Pero temos que seguir traballando neste hospital asilo, que ten que estar en perfectas condicións porque ten que durar moitos anos máis”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



