BURELA (FNC) .- O goberno municipal de Burela presentará no pleno da semana que vén unha moción instando á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo anterior executivo. A rexedora en funcións considera que “se tratou dun grande logro social que durante moitos anos viñan reclamando as nosas familias”.
Neves Cando lembra que “o anterior goberno galego conseguiu dar un gran avance cara a consecución dun sistema educativo que cumprise as esixencias de calidade e universalidade pero tamén cara á súa gratuidade como dereito da cidadanía. Se, como di a Constitución Española, o ensino básico é obrigatorio e gratuito, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo. E agora o goberno do Partido Popular na Xunta vai recortar este dereito cidadán a un ensino básico, obrigatorio e gratuito e faino cun cinismo total e botándolle a culpa á crise económica e senón miren o que publicou hai uns días o Diario Oficial de Galicia sobre esta orde que regula a gratuidade dos libros de texto para este curso 2009-2010. Di á vista da conxuntura económica actual resulta necesario facer unha reforma do vixente sistema de gratuidade de xeito que se beneficien deste as familias con menos recursos. Neste sentido e en consonancia coa política de austeridade do goberno da Xunta de Galicia, para primeiro, segundo, quinto e sexto de primaria así como para educación especial establécese unha convocatoria de axudas dirixidas ás familias en función da súa renta. Isto é o que di o Diario Oficial de Galicia que tamén publicou o martes esa convocatoria de axudas e isto é o que pretende o PP na Xunta de Galicia cambiar a gratuidade anterior por axudas para a compra de libros de texto. En época de crise económica traslada ás familias os gastos que antes asumía o goberno galego”.
A alcaldesa en funcións engade que “a triste realidade é que a maioría das familias galegas e de Burela tamén, terán que pagar os libros de texto porque segundo a orde que publicaba o Diario Oficial de Galicia, as familias cunha renda de ata 5.400 euros ano e persoa recibirán 180 euros para mercar os libros e os que teñan unha renda entre os 5.400 e os 9.000 euros ano e persoa terán unha axuda de 104 euros. Con exemplos concretos imos ver que só un 25% das nosas familias poderán ter esa axuda, porque simplemente sendo mileurista, e estes días saíron os datos das familias mileuristas, unha familia cun fillo e cobrando 1.000 euros ao mes o pai e 1.000 euros ao mes a nai xa non terá dereito a ninguna axuda porque se pasou das marxes que fixou a Xunta de Galicia”.
Neves Cando explica que “as familias están moi preocupadas e así nolo fan saber tódolos días no Concello, porque con esta nova medida do goberno popular na Xunta de Galicia van ter que asumir nestes momentos difíciles de crise o prezo de máis ou menos 200 euros que de media custan os libros de texto dos seus fillos e fillas, porque iso sí, o anuncio da Consellería fíxose case rematado o curso escolar pasado e é agora cando as familias preparan a volta ao cole e cando se atopan con esta medida de recorte de prestacións. Esta política supón un paso atrás no plano educativo-social e deixa ao máis do 75% das familias galegas sen este programa de gratuidade dos libros de texto”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



