A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o presidente de AFRICOR-LUGO, José Carlos Vega Rodríguez, presentaron este xoves na SAT Os Foros da Pastoriza a 1ª aplicación para dispositivos móbiles activada en España que permite aos gandeiros de leite consultar datos sobre a produción das súas reses, o que facilita a xestión das explotacións e aumenta deste xeito a súa competitividade. O organismo provincial fixo posible esta nova ferramenta informática cunha achega de 6.000 euros, máis da metade do orzamento necesario para sacala adiante.
A app ten dúas seccións. Un apartado de acceso público, no que calquera usuario pode acceder a información xeral sobre o sector leiteiro de Galicia (novas, normativas, axudas…), así como de animais en venda, o que contribúe a dinamizar a compra venda de reses criadas na provincia, valorizando a recría feita na comunidade. No outro apartado, os 1.700 socios de AFRICOR-LUGO poden acceder en tempo real aos resultados do control leiteiro e a consellos de reprodución co fin de mellorar a xenética e evitar a consanguinidade. Para elo, o gandeiro tan só ten que introducir os últimos catro números do crotal que levan as vacas na orella.
Unha das vantaxes da app, que será presentada este venres nas VIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por AFRICOR, é que os gandeiros poden ver os datos dos seus animais comodamente a través do teléfono móbil en calquera lugar, aínda non tendo cobertura de Internet, xa que unha vez cargados na memoria do dispositivo, poden consultarse sen conexión. A aplicación xa se pode descargar de maneira gratuíta no móbil, para o que hai que entrar en Apple Store, no caso de dispositivos de tecnoloxía Apple, ou en Google Play, no caso dos Android. Tamén está dispoñible na tenda de Microsoft para poder utilizala nas tablets que levan sistema operativo Windows, dado que o seu uso está moi estendido.
As TIC ao servizo dos gandeiros
Méndez subliñou que esta nova colaboración con AFRICOR, a asociación de control leiteiro sen ánimo de lucro máis grande de España, responde ao “noso apoio permanente aos gandeiros” e tamén a “un dos obxectivos fundamentais nos que levamos traballando nos últimos oito anos: aproveitar todas as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para o impulso dun sector estratéxico na nosa provincia como o leiteiro”. “En Lugo producimos case a metade do leite de Galicia e a nosa provincia ingresa uns 230 millóns de euros ao ano soamente coa venda de leite”, destacou.
Nesta mesma liña de apoiar ao sector agrogandeiro, a Vicepresidenta situou a construción do primeiro centro público de gando vacún de España, que abrirá este ano na Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei, e suporá un avance na mellora xenética e da recría. As instalacións duplicarán a capacidade actual existente en Galicia con 3.000 novas prazas, aforrando cartos aos gandeiros e dinamizando a economía da provincia.
Lara Méndez destacou tamén o plan de impulso ao sector primario e ao rural que vén de poñer en marcha a Deputación, dotado con 2,2 millóns de euros, e que inclúe liñas de axuda para a recuperación de terras abandonadas, peche de viñedos, instalación e mellora de invernadoiros, pesca de baixura, traídas de auga, centros sociais, e arranxo e sinalización de camiños e outros servizos de uso comunitario.
Por outra banda, a Vicepresidenta puxo en valor a posición “de vangarda” que sempre tivo AFRICOR no uso das novas tecnoloxías. “Mentres noutras provincias españolas, os datos do control leiteiro aínda se manexan en papel ou como moito en PDAs, en Lugo xa fai 10 anos que se utilizan medios dixitais, primeiro mensaxes de móbil e agora Internet”.
Neste mesmo senso incidiu o Presidente de AFRICOR-LUGO, quen cualificou a posta en marcha desta App como “un avance moi práctico de cara ao traballo diario dos gandeiros e ao acceso aos seus datos”, e Manuel Legaspy, un dos socios da SAT Os Foros, que destacou a importancia desta aplicación que “nos permite obter os datos en tempo real”.
Por outra banda, Primitivo Iglesias, Alcalde da Pastoriza, manifestou a súa satisfacción “porque A Pastoriza sexa un Concello punteiro non só na produción leiteira senón na incorporación das novas tecnoloxías”. Do mesmo xeito, Iglesias agradeceu a dispoñibilidade dos gandeiros pastoricenses, “que sempre estiveron estar nos momentos punteiros do desenvolvemento”, así como a colaboración prestada pola Deputación e Africor. “Esta é a maneira de fixar poboación no medio rural”, sentenciou o Alcalde.
As 1.690 explotacións asociadas a AFRICOR-LUGO representan o 30% das existentes na provincia, que, cunhas 150.000 vacas, producen 700.000 toneladas de leite, o 70% do total de Lugo.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



