Cervo, 27 de febreiro de 2015-O Concello de Cervo e as asociacións Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras e Mulleres de San Ciprián deron a coñecer este venres os actos previstos para o Día da Muller Traballadora, que se van celebrar o 7 de marzo.
Un programa no que traballaron de forma conxunta o goberno local e as tres entidades e que ten como resultado un día completo con actividades durante toda a tarde e que se prolongarán ata a noite. O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta de Mulleres de San Ciprián, Amparo Pernas, e a tesoureira das Espalladoras, Raquel Ferreira participaron na presentación.
Os actos comezarán ás 17.30 horas na Casa do Mar, co Café Bombón. Ademais, durante a tarde haberá sesión de fotos con photocall. A xornada continuará coa exhibición de Tai-Chi a cargo da Asociación Alborada. E a partir das 18.00 horas Carmen Conde ofrecerá un monólogo sobre a muller.
Ás 20.00 horas os actos trasladaranse á Casa da Cultura, coa actuación de Dayami Andux e Daniel Adzemian “Antoloxía da canción hispanoamericana”. Xa pola noite, ás 22.00 horas terá lugar unha cea no restaurante Buenavista organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián. Ao remate, a celebración continuará na Casa do Mar (a partir das 00.00 horas) co baile organizado polas Espalladoras.
Uns actos que son abertos ao público, pero no caso do Café Bombón e a cea é preciso inscrición previa, que se poderá realizar ata o día 5 na Casa do Mar, nas asociacións colaboradoras e no teléfono 691 65 66 00.
A edil de Igualdade, Pilar Armada, quixo aproveitar para agradecer ás tres asociacións de mulleres do municipio “o seu traballo e a súa boa disposición para unir esforzos co obxectivo de conseguir un programa completo e atractivo”. Ao mesmo tempo Armada recoñeceu a labor destas tres entidades “que se manteñen activas ao longo de todo o ano, ofrecendo iniciativas e contribuíndo a dinamizar o tecido asociativo”.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



