Burela, 28 de febreiro de 2015. A Concellería de Muller e Igualdade e o CIM organizan diversas actividades para conmemorar o Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo. En Burela hai actos programados para os vindeiros venres e sábado (6 e 7 de marzo).
Segundo explican desde a Concellería de Igualdade e Muller “o venres, 6 de marzo, teremos un encontros lúdicos, deportivos e terapéuticos, dirixidos a mulleres e ás súas fillas e fillos menores, co fin de reforzar vínculos materno-filiais e socio-afectivos, reforzando o ocio e tempo libre conxunto de nais e fillos/as”. Esta 1º xornada terá lugar nos CEIPs do Concello con alumnado de terceiro ciclo: no Vista Alegre de 10.00 a 11.00 horas e no Virxe do Carme de 12.15 a 13.15 do mediodía. Para a realización destas actividades o Concello conta coa colaboración sa Secretaría Xeral de Igualdade.
Xa o sábado, 7 de marzo, haberá “unha sesión con nais e nena/os, dirixido tamén a nais e/ou nenas/os que desexen aprender a detectar signos da violencia de xénero. Esta 2ª xornada iniciarase as 10:30 horas na Casa da Cultura e desenvolverase ao longo de todo o día. Aquelas nais interesadas en acudir cos seus fillas/os para traballar a prevención da violencia de xénero poden inscribirse no Centro de Información á Muller do Concello de Burela”, engaden desde a Concellería de Igualdade e Muller e desde o CIM .
E o mesmo sábado terá lugar o acto institucional no salón de plenos do Concello. Ás 12 dará comezo coa lectura dun manifesto a cargo do alcalde, José Mª González Barcia. E a continuación actuación de Caxoto Contacontos, “que nos fará unha pequena reflexión da sociedade dende a perspectiva feminina”.
Ademais ao longo da mañá do sábado, 7 de marzo, a asociación Mujeres en Igualdad de Burela instalará unha mesa informativa na praza do Concello.
“E como vén sendo habitual, ás 14.00 horas sumarémonos á xuntanza organizada pola asociación de amas de casa Praia da Marosa, que como non podía ser doutro xeito, tamén celebra este día dende hai décadas”, engaden desde o Concello burelés.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



