8 de marzo de 2015 – A Delegación do Goberno en Galicia informa que a Dirección Xeral de Tráfico poñerá en marcha desde este luns e ata o vindeiro domingo 15 de marzo unha campaña intensiva de control de uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI). Esta iniciativa enmárcase dentro da programación de campañas e operacións especiais de vixilancia e control previstas por Tráfico para o presente ano, co ánimo de mellorar a seguridade vial e concienciar aos usuarios das vías da importancia de comportamentos máis seguros.
Durante unha semana, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Comprobarán, de igual modo, que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados á súa estatura, peso e idade.
O uso de sistemas de retención homologados -cinto de seguridade e sistemas de retención infantil- veuse demostrando como o sistema de seguridade vial máis sinxelo e eficaz en todo tipo de vías e traxectos, ademais de ser imprescindible para que o airbag poida ser eficaz.
O cinto de seguridade é un seguro de vida. A DGT estima que o seu uso reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. No ano 2013, un 22% dos usuarios de turismos e furgonetas falecidos en sinistros en vías interurbanas non utilizaban o cinto de seguridade. En zona urbana esta porcentaxe elévase ao 28%.
No caso dos sistemas de retención infantil, a DGT estima que o 43% dos menores viaxa incorrectamente con estes sistemas. Un neno sen suxección multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves.
CAMPAÑA ANTERIOR EN GALICIA
Na campaña específica de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil desenvolvida do 10 ao 16 de marzo de 2014 en Galicia, controláronse máis de 39.000 vehículos e formuláronse 488 denuncias (470 por viaxar adultos sen cinto de seguridade e 18 por levar a nenos sen o sistema de retención adecuado).
REGULACIÓN LEGAL
A obrigatoriedade do uso do cinto de seguridade ou dos sistemas de retención infantil por parte de condutores e ocupantes dos vehículos cando se circula por calquera tipo de vía está regulado ampliamente na lexislación polo Real Decreto Lexislativo 339/1990 polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor e Seguridade Vial e polo Regulamento Xeral de Circulación e polo Real Decreto 1428/2003, de 21 novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación.
O incumprimento desta norma está tipificado como infracción grave, e sanciónase con multa de 200 euros e perda de 3 puntos no caso dos condutores.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



