Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos facer público o noso total apoio á manifestación convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña en defensa dunha sanidade pública de calidade e pola recuperación da Área Sanitaria propia da Mariña que permita que o Hospital da Costa poda contar con xestión propia que permita que tanto os presupostos como o persoal sexa xestionado dende o propio Hospital da Costa e non dende Lugo como pasa dende que se nos quitou esa xestión.
Animamos así mesmo a todos os veciños e veciñas de Burela e ós comerciantes a secundar esta proposta, xa que nos vai a vida nela, e participen activamente nesta manifestación para facerlle ver claramente ó Partido Popular que os veciños e veciñas de Burela queremos unha sanidade de primeira e que non queremos volver ós tempos da emigracións a Lugo para poder ter atención sanitaria en condicións.