Foz, 16 de marzo de 2015. O presidente do Partido Popular de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou este luns que o actual primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural no Concello focense, Pedro Fernández Manín, será o número 2 na candidatura do PP para as vindeiras eleccións municipais, lista que encabezará o propio Javier Castiñeira.
“Para min é un verdadeiro pracer anunciar hoxe que o número 2 do Partido Popular na candidatura para as próximas eleccións municipais vai ser o actual primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín. É unha persoa totalmente dedicada ao Concello nestes últimos anos. Ten unha capacidade de traballo incrible e unha dedicación total aos veciños, cun carácter espléndido que lle permitiu afrontar as dificultades que houbo neste mandato e tamén lle servirá para poder traballar con ilusión os vindeiros catro anos, que seguramente van ser cunha situación económica moito mellor”, manifestou este luns Castiñeira.
O presidente do PP de Foz engadiu: “non tiven ningunha dúbida á hora de escoller o número 2 da candidatura e futuro primeiro tenente de alcalde na próxima corporación, porque os feitos avalan a Pedro Fernández Manín, que ten unha relación moi boa con todo o persoal do Concello e cos veciños. Xa traballou na corporación cando o Partido Popular estaba na oposición. Por todo isto é a mellor persoa para ser o número 2 da lista e para seguir exercendo de primeiro tenente de alcalde na próxima lexislatura”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



