Lugo, 25 de marzo de 2015.- A oferta de prazas en campamentos de verán da Xunta de Galicia na provincia de Lugo medrou en preto dun 15% nos últimos dous anos. Así o explicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, quen avanzou que a Consellería de Traballo e Benestar ofertará 1.440 prazas nos campamentos e 1.895 no conxunto da campaña de verán, que inclúe ademais campos de traballo, actividades para maiores de 18 anos e a oferta concertada.
Arias explicou que “para poñer en marcha todas estas actividades, a Xunta investirá na provincia 583.000 euros, un financiamento que permitirá, ademais, a contratación de arredor de 250 persoas para as actividades de tempo libre e as tarefas de limpeza e restauración nos campamentos”.
A campaña de verán introduce como principal novidade o proxecto IMPLÍCA-T, unha nova programación en campamentos para os maiores de 14 anos.
No seu conxunto, apuntou a delegada, “os nenos e a mocidade lucense terán acceso a 8.500 prazas en 19 albergues e campamentos da xeografía galega, e tamén poderán optar a prazas noutras comunidades autónomas como País Vasco, Castela e León, Estremadura e A Rioxa; os campos de traballo ofrecen incluso a posibilidade de trasladarse a outros países”. A duración das quendas, que terán lugar entre xullo e agosto, variará en función da idade dos participantes e das características dos campamentos, e oscilará entre os 8 e os 12 días.
Polo que respecta á oferta propia da provincia de Lugo, as 1.440 prazas dos campamentos estarán distribuídas entre o albergue xuvenil Area, de Viveiro; o albergue xuvenil Benigno Quiroga, de Portomarín; o campamento xuvenil da Devesa, en Ribadeo; o de Os Chacotes, en Palas de Rei; o poboado dos Peares, en Carballedo, e a residencia xuvenil Lug II, na capital.
Por primeira vez, porase en marcha nos campamentos o proxecto IMPLÍCA-T para mozos entre 14 e 17 anos. Neles, ademais das tradicionais actividades de ocio e tempo libre, os participantes contarán con outras accións como a participación na conservación de espazos, a colaboración na sensibilización contra os incendios forestais ou dinamización do camiño. Deste xeito, a través da educación non formal que proporcionan o voluntariado e a participación, adquirirán e desenvolverán valores como o compromiso, a responsabilidade, a iniciativa ou o traballo en equipo.
Pola súa banda, os máis novos, de entre 9 e 13 anos, poderán participar en campamentos de temáticas moi diversas como aqueles de carácter náutico, de expresión cultural ou de multiaventura.
Dentro das actividades para maiores de 18 anos, o centro da Xunta Lug II albergará na primeira quincena de xullo aos participantes do programa “Conecta con Galicia”, unha iniciativa de convivencia entre participantes galegos e participantes da Galicia exterior.
Como todos os anos, a consellería de Traballo e Benestar colabora coa Secretaría Xeral de Emigración para facilitar a participación de descendentes de emigrantes galegos, e reservaranse prazas para colectivos específicos que serán xestionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade, a de Política Social e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión.
Todos os campamentos serán en réxime de manutención en pensión completa e contemplan o material necesario para cada actividade. O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de abril. Entre todas as solicitudes, realizarase un sorte público ante notario.
A Xunta publica tamén a oferta concertada. A través desta fórmula, Xuventude pon as súas instalacións a disposición de concellos, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas e outros colectivos para que organicen as súas actividades.
Campos de traballo
A programación da campaña de verán inclúe tamén os campos de traballo, cuxa convocatoria estará dispoñible o próximo mes. Esta experiencia de voluntariado e mobilidade contará con máis de 700 prazas, tanto de acollida, en campos organizados en Galicia, como de partida, 260 prazas que se distribuirán entre outras comunidades autónomas (110 prazas) e en máis de 25 países de todo o mundo (150 prazas).
En Lugo organizaranse tres campos de traballo que suman 70 prazas. En concreto, son proxectos de carácter medioambiental e social ou etnográfico, que xirarán en torno á Casa da Neveira en Xermade, o Camiño de Inverno en Quiroga e o castro de Castromaior en Portomarín.
Galicia terá outros campos de traballo nas Illas Cíes, Cotobade, Ribadumia, Illa de Cortegada (Vilagarcía), Riós, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, A Peroxa, Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois e Padrón.
As quendas serán de 10 ou 12 días ao longo do verán e os voluntarios poderán participar en actividades ambientais, etnográfica, sociais, arqueolóxicas ou de fomento do emprendemento. Poderán participar mozos e mozas galegos, residentes noutras comunidades autónomas, procedentes de países estranxeiros, así como voluntarios da Galicia exterior.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



