Burela, 27 de marzo de 2015.- O Grupo Municipal do BNG votou onte en contra dos orzamentos presentados polo equipo de goberno do PP para 2015. Segundo o portavoz nacionalista, Mario Pillado, estes orzamentos chegan tarde e manteñen a tendencia do PP nestes últimos anos de redución do gasto público de forma sistemática e de aumento da recadación pola vía dos impostos e taxas municipais. Resulta sintomático que o PP continúa a incumprir a regra de gasto á fronte do goberno municipal, como se pode observar nos distintos informes técnicos.
Pillado lamentou que se continúe pola “vía da austeridade cos consecuentes recortes en materia social e aumento da presión fiscal sobre os veciños e veciñas a través dos impostos directos”. “Levamos tres anos continuados de subas e agora non cola que se vaian baixar impostos, ás portas dunhas eleccións municipais”, afirmou o voceiro nacionalista.
Segundo o BNG, obsérvase un incremento sustancial do gasto en determinados servizos, como se pode observar na liquidación do orzamento de gastos de pasado ano. O suministro de auga e saneamento incrementouse en 73.572,11€ e o servizo de recollida do lixo sufriu unha suba de 76.588,82€. En total, os veciños e veciñas de Burela tivemos que pagar un encarecemento duns 150.000 € nestes dous servizos básicos en 2014. Unha suba que non só se dá no custo que isto supón para o conxunto das arcas municipais, senón que tamén a sofren os e as contribuíntes no encarecemento progresivo dos recibos.
Lamentablemente, este encarecemento non se corresponde cunha mellora cualitativa ou cuantitativa na prestación dos servizos, aínda ao contrario, percíbense unha serie de deficiencias importantes, nomeadamente no relativo á limpeza e recollida do lixo e tampouco se fixo efectiva a prometida mellora e ampliación da estación depuradora de augas residuais. Segundo o voceiro nacionalista, “hai que revisar os contratos das empresas concesionarias que prestan estes servizos e dar pasos cara á remunicipalización canto antes, polo ben común e non para contribuír aos beneficios das concesionarias”.
O equipo de goberno gastou 61.000€ en dietas o pasado ano, 20.000€ máis que no exercicio anterior
Se observamos outras partidas da liquidación, os gastos dos órganos de goberno ascenderon o pasado ano a 61.642,31 € en concepto de “gastos diversos, dietas e outros”. Só o gasto en actos protocolarios ascende a 6.745,9€, en publicidade e propaganda 31.676,39, en locomoción 4.920€ e en concepto de “outras indemnizacións” houbo un gasto de 15.390€. Entre estes e outros gastos, o equipo de goberno custounos a todos os veciños e veciñas de Burela uns 61.000 € en 2014, 20.000€ máis que en 2013.
Mario Pillado cualificou como “vergoñento o gasto do Sr. González Barcia e dos concelleiros e concelleiras do PP, en dietas de diversa índole que na maioría dos casos non se xustifican documentalmente, como se deriva dos propios informes da intervención municipal”. Pillado salientou que “non se pode admitir que un goberno que se fai chamar austero e que está a aplicar subas continuadas de impostos, gaste 61.000 € en dietas nun só ano e animou ao Sr. Barcia a destinar esa cantidade a outros programas en 2015, como a promoción do deporte de base, programas de igualdade ou programas de fomento do emprego”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



