O Burela FS Pescados Rubén sumou esta tarde a súa cuarta vitoria consecutiva, con 4-2, na visita a Vista Alegre, dun Roldán FSF atrevido. Tras a avalancha ofensiva da primeira parte, as pupilas de Lucas tivéronse que con conformar con marcharse ao descanso con empate 1-1 e pechar o encontro nos últimos seis minutos, con dous tantos. As xogadoras mariñás saltaron á pista lucindo nas súas camisetas unha mensaxe de ánimo a Rubén Blanco, fundador de Pescados Rubén SL, convalecente dunha recente intervención cirúrxica.
Antes de cumprirse o minuto 3 Maite, nun pase longo de Jozi, e Peque, desde a banda, xa puxeron a proba a solidez da meta visitante. Segundos despois Maite de costas sobre Espe non puido coar unha asistencia de Peque e Gaby estrelou o esférico contra o pau. Máis tarde (minuto 7) a sorte non acompañou a Claudia, con axuda de Taina, na súa meteórica chegada sobre os paus do Roldán. Por fin chegou o merecido gol, no ecuador da primeira parte, con firma de Claudia nun lanzamento raso, con apoio de Shiori. A primeira ocasión das visitantes, no minuto 12, Jozi puido resolvela sen complicacións. As da Mariña tiveron nos seus pés dobre oportunidade, no 14, de Maite e despois Claudia, no rexeite, que desbaratou Espe. Perdoaron as laranxas e aproveitou o Roldán segundos despois, con diana de Mirian, que a punto estivo de salvar Claudia ao bordo da liña de meta. Sobre a bucina, Peque intentou soprender a Espe por arriba desde fóra da área.
Con 1-1, a segunda parte empezou con sede de gol para as de Burela. Taina adiantou as locais, xa no minuto 21, nun lanzamento que rebotou en Anita Paris antes de coarse na rede. Pero volveron igualar a contenda as de Murcia no 24, cun balón de Inma Sojo pola banda que superou a Jozi ao bordo da área e ao que non puido chegar por atrás Shiori. O ‘case’ apropiouse das filas mariñás nos metros finais, con Gaby (minuto 29), Claudia e Gaby (minuto 30) e Taina (33), que non puideron controlar fronte a Espe; Mirian tamén tivo un balón de ouro no 29 fronte a Jozi, que saíu desviado. Con todo, unha inspirada Claudia volveu a perforar a portería murciana con Taina (minuto 34) e asistiu máis tarde (minuto 36) a Peque para anotar o 4-2.
Foron á remontada as visitantes con xogo de cinco con Inma Sojo á fronte sen éxito; antes da bucina final aínda dispuxo Jozi dunha grande ocasión a porta baleira.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Maite, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Claudia, Taina
Jimbee Roldán FSF: Espe, Anita Paris, Mayte Mateo, Inma Sojo, Juani, cinco inicial; tamén xogaron Mirian, Alba, Cristina Poveda
Goles: 1-0, minuto 10, Claudia; 1-1, minuto 15, Mirian; 2-1, minuto 21, Taina; 2-2, minuto 24, Inma Sojo; 3-2, minuto 34, Claudia; 4-2, minuto 36, Peque
Árbitros: Otero Baltasar //Castro Nantes (Pontevedra)
Tarxetas: Por Burela FS amarela a Gaby (minuto 37). Por Roldán amarela a Mirian (minuto 39)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre, con arredor de 400 espectadores. Minuto de silencio en memoria das vítimas no accidente aéreo de Germanwings desta semana nos Alpes.
*Foto: Marián G. Mesa























Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
