Xove, 30 de marzo de 2015.- A Xunta de Galicia, no seu afán por impulsar medidas de aforro e eficiencia enerxética a nivel local prestando apoio económico aos concellos galegos, está a desenvolver nos últimos anos unha liña de axudas para a renovación da iluminación pública exterior. Neste sentido, e como destacou hoxe o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, nunha visita ao concello de Xove, a través deste programa a Consellería de Economía e Industria facilitou a substitución de luminarias por outras máis eficientes, permitindo que o municipio lucense obteña un aforro económico anual de máis de 15.000 euros por exercicio na súa factura eléctrica.
Este compromiso coa eficiencia enerxética, explicou o director, tradúcese en “cifras moi importantes” como un aforro enerxético de preto de 81.500 KWh/ano, ou a redución das emisións á atmosfera de arredor de 53 toneladas de CO2 ao ano, cifra equivalente á plantación de 2.600 árbores.
Ante a importancia destas cifras, Bernardo Tahoces avanzou que Goberno galego activará mañá, a través do Inega, unha nove orde de axudas. “A convocatoria deste ano suma 1,4 millóns e beneficiará a medio cento de concellos galegos”, subliñou. Así, o programa achegará, un ano máis, apoios do 70% do investimento, que se verán incrementados, nun 15% para as agrupacións e fusións municipais.
“Deste xeito, seguimos colaborando para impulsar medidas de aforro enerxético nos nosos municipios, incidindo nunha das súas partidas máis destacables, xa que a iluminación pública supón, de media, case o 70% do consumo eléctrico dun concello”, explicou Bernardo Tahoces, que estivo acompañado na súa visita polo alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa.
A nova convocatoria deste programa, subliñou o director, permitirá dar continuidade ao labor desenvolvido pola Consellería de Economía e Industria nos últimos 6 anos. Así, a través desta liña mobilizáronse, nos últimos 6 anos, máis de 3 millóns de euros en 45 concellos da provincia de Lugo, que puideron acceder a axudas para renovar os seus equipos por outros máis eficientes, desenvolvendo proxectos que supoñen aforros conxuntos próximos ao medio millón de euros.
Con esta actuación, resaltou Bernardo Tahoces, “a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia, mostra unha especial sensibilidade cos municipios por ser a administración local a máis achegada aos cidadáns”, tendo as medidas adoptadas un maior grao de visibilidade e repercusión pública.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



