Riotorto, a 6 de Abril de 2015.- Como é sabido o noroeste peninsular é unha zona rica en ouro. Xa antes da romanización os pobos indíxenas explotaban este codiciado metal e coa chegada do invasor romano produciuse un cambio rotundo ao converter a minería nunha auténtica actividade industrial, que provocou a transformación do territorio e cuxas pegadas chegaron até hoxe.
Riotorto é un concello coñecido polos seus ferreiros e sábese que houbo minería de ferro até non hai moito tempo; tamén se ten documentación de explotacións mineiras moi antigas que, segundo os indicios, poderían remontarse a época romana.
Para falar sobre as explotacións mineiras en época romana contaremos co arqueólogo Santiago Ferrer o próximo sábado, 11 de abril, ás 19.00 horas no Salón de Actos da Casa de Cultura de Riotorto. Unha actividade á que as asociacións organizadoras convidan a todas as persoas que queiran achegarse.
PERFIL PROFESIONAL
D. SANTIAGO FERRER SIERRA, Diplomado en Formación do Profesorado de Educación Xeneral Básica: especialidade Ciencias Humanas e Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende que rematou os estudios académicos dedicouse profesionalmente o mundo da Arqueoloxía participando en numerosas escavacións arqueolóxicas por todo o ámbito de Galicia, en especial é o Director do Centro Arqueolóxico de Aquis Querquennis en Bande onde está a investigar un dos campamentos militares romanos máis importantes da Península Ibérica.
Participou en varios proxectos de investigación na Universidade de Santiago de Compostela, no Centro de Investigacións Científicas do CESIC e foi Bolseiro do Consello da Cultura Galega.
Ten publicados numerosos artigos en revistas especializadas relacionados co mundo da arqueoloxía así como varias monografías sobre diversa temática entre os que podemos destacar: MILIARIOS E OUTRAS INSCRIPCIÓNS VIARIAS ROMANAS DO NOROESTE HISPÁNICO,(coautor) publicado polo Consello da Cultura Galega, A VÍA NOVA NA SERRA DO XURÉS. A REHABILITACIÓN DA VÍA NOVA ENTRE PORTELA DO HOME E BAÑOS DE RIO CALDO (LOBIOS, OURENSE) (coautor) publicado pola Xunta de Galicia, ESCAVACIONES ARQUEOLÓGICAS EN AQUIS QUERQUENNIS. ACTUACIONES EN EL CAMPAMENTO ROMANO (1975-2005), (editor) publicado en Anexos Larouco, nº 4, PRIORATO DE XAGOAZA. EL REFERENTE HISTÓRICO DE UNA PRÓSPERA COMARCA GALLEGA (VALDEORRAS, OURENSE), (coautor) publicado pola Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova ou A PONTE VELLA DE LUGO. ARQUEOLOXÍA E ENXEÑERÍA HISTÓRICA,(coautor) publicado polo Concello de Lugo. A nivel profesional dedícase a actividade arqueolóxica sendo administrador e arqueólogo da sociedade PROSPECCIÓNS ARQUEOLÓXICAS S.L.U. empresa na que desenrola a maioría da súa actividade. Dende que rematou os estudios académicos ten realizado e asumido a dirección de numerosos proxectos de prospeccións e escavacións arqueolóxicas, primeiramente nas intervencións de urxencia na cidade romana de Lucus Augusti e no campamento romano de Aquis Querquennis, centrándose ultimamente, en proxectos localizados na provincia de Ourense, cunha experiencia que foi acumulando ó longo de case trinta anos.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



