Cervo, 8 de abril de 2015- O Concello fixo entrega este mércores dun novo lote de 14 composteiros ao mesmo número de familias. Desta maneira son xa 144 fogares os que practican compost. Ademais, todas as familias que nos últimos anos recibiron un composteiro e que participan no programa de compostaxe doméstica do Concello foron convocadas a asistir a este acto, no que se lles entregou un lote de 3 bolsas reutilizables para separar o lixo na casa, unha para envases lixeiros, outra para papel e outra para vidro.
Un material que vai na mesma liña que os composteiros, de promover “el cuidado de nuestro entorno, gestionando los residuos que generamos en el hogar de forma responsable”, asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.
Un acto no que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, e un veciño con anos de experiencia na práctica da compostaxe, Plácido Pérez, e que como en todas as entregas, colabora co Concello explicando aos usuarios a mellor forma de utilizar o composteiro, dándolles indicacións sobre que tipo de restos botar ou onde instalalo así como aclarar dúbidas.
Cabe destacar que o Concello entrega os composteiros de forma gratuíta, pero sempre co compromiso de que os beneficiarios os destinen a reutilizar os residuos do fogar. De feito, a administración local tamén se encarga de velar polo correcto funcionamento do programa, asegurándose de que os composteiros se utilizan para o fin para o que foron repartidos, así como de asesorar e apoiar aos usuarios.
Ao mesmo tempo, a edil de Medio Ambiente quixo destacar o papel dos veciños, “que son los que mantienen vivo el programa, porque son ellos los que se interesan por practicar el compostaje”. Desta maneira, “nuestro agradecimiento a todas estas familias que se involucran en cuidar el medio ambiente y en reutilizar los residuos”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



