Mondoñedo, 10 de abril de 2015. Esperanza González Martín encabeza a lista socialista das eleccións municipais do 24 de maio en Mondoñedo. A agrupación socialista mindoniense celebrou unha reunión da executiva local donde se elixiu por unanimidade a González Martín para ser a alcaldable na cidade da Paula.
Pola súa banda, Esperanza González agradeceu a confianza depositada nela e asegurou que traballará como ata de agora “incansablemente” para poder conseguir un futuro mellor e de progreso para Mondoñedo.
Lista electoral
Dixo ademais que a lista electoral coa que concorre a estas eleccións, que será presentada nos vindeiros dias, conta con xente con experiencia e tamén moita xente moza que quere traballar e formar parte do futuro de Mondoñedo.
Na corporación mindoniense dende 2014
Naceu en Tudela (Navarra), 1974. Licenciouse en Periodismo na Facultade de CC da Comunicación da USC (2003). Dende maio de 2014 pasou a formar parte da corporación mindoniense sendo a tenente de Alcalde e concelleira que xestiona a area de servizos. Tamén é a secretaria xeral da Agrupación Socialista mindoniense.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



