Burela, 13 de abril de 2015. O xogo xigante de Sogama Un partido polo planeta estará en Burela desde hoxe e ata o vindeiro xoves, 16 de abril. A súa presenza na localidade está coordinada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia.
Nesta actividade participará alumnado de 1º e 2º de educación primaria dos dous Ceips, e varias Asociacións (Fundación Eu Son, Asociación A Mariña e Asociación Camiña). Este luns o xogo estivo no Ceip Virxe do Carme, o martes estará na aula que as monitoras do Centro Gaia teñen no Ceip Vista Alegre; o xoves día 16 estará na Asociación A Mariña en horario de 11.30 a 12.30 horas e ese mesmo día pola tarde na Fundación Eu Son en horario de 15.00 a 17.30 horas e xa de 18.15 a 19.15 horas estará na Asociación Camiña.
“A través deste soporte pedagóxico, Sogama en colaboración coas monitoras do Centro Gaia, pretende poñer de relevo a problemática que ocasiona a elevada xeración de lixo e as posibilidades para o seu reciclado, facéndose para isto necesario que a poboación separe os desperdicios por tipoloxías e os deposite correctamente nos diferentes contedores habilitados nas rúas: amarelo, azul, iglú verde e contedor xenérico. Con ese sinxelo xesto, non só se contribúe ao aforro de enerxía, materias primas e recursos,senón que os propios concellos poden saír beneficiados desde a dimensión económica, xa que, ademais de recibir ingresos por parte dos sistemas integrados de xestión pagaremos menos a Sogama”, explican desde a Concellería de Medio Ambiente de Burela.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



