Cervo, 13 de abril de 2015.- Arrinca unha nova edición do Taller de Teatro Infantil “Pimpim”, unha actividade para nenos e nenas de infantil e primaria no que participan 32 alumnos. O taller desenvolverase todos os venres de abril, maio e xuño, e será nese último mes cando os participantes representen as pezas teatrais que ensaiarán durante este tempo.
Unhas obras de teatro con guións propios, escritos e ideados polas monitoras do taller, adaptados ao nivel dos nenos, ás súas idades e preferencias. A primeira sesión tivo lugar o venres pasado, e incluíu xogos para favorecer o contacto entre todos os participantes, pero a partir do venres que vén xa comezarán os ensaios das obras.
O Concello leva tres anos ofrecendo o Taller de Teatro Infantil, cuxos participantes pasaron a conformar recentemente o Grupo Municipal de Teatro “Pimpim”.
A edil de Cultura, Begoña Alonso, asegura que “esta actividad se incluye en la oferta lúdica y didáctica que ponemos en marcha para el público infantil, facilitando que los niños tengan opciones para el entretenimiento y el aprendizaje”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



