Ribadeo, 15 de abril de 2015.- A brigada municipal de obras leva días pintando os pasos de cebra, en Ribadeo. Os traballos seguirán nos vindeiros días, excepto cando chova. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que esas tarefas no casco urbano rematen no prazo dun mes.
O rexedor explicou que “nestes días a brigada municipal de obras está aproveitando para facer o pintado dos pasos de cebra, repintando os que están deteriorados e incluso facendo outros novos, que por recomendación veciñal e tamén da Policía Local estamos incluíndo nesta listado de lugares a preparar para garantir unha seguridade viaria óptima, para que non haxa ningún problema de que a xente non vexa as marcas, tanto os peóns como os propios condutores dos diferentes vehículos”.
Suárez Barcia dixo: “polo tanto derivado das molestias que, sen dúbida, estamos provocando con algunhas retencións pedimos desculpas a todos os viandantes para que entendan que para poder pintalo ben é necesario ter diferentes valas que restrinxan o tráfico de maneira puntual”.
O alcalde ribadense considera que “sempre que o permita o tempo nos próximos días, sempre que non chova, seguiremos traballando nisto para ver se dentro dun mes aproximadamente pode estar o ámbito urbano de Ribadeo perfectamente pintado e preparado para a tempada estival, na que sen dúbida Ribadeo vai volver recibir moita xente e vai volver ser o centro de atracción turística máis importante da comarca”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



