O CD Burela FS Pescados Rubén e Activity Center únense para impulsar o deporte e promover os hábitos de vida saudable na Mariña. Ata as instalacións do centro deportivo, situado na avenida do Perdouro, 37, de Burela, trasladouse o presidente do club laranxa, Manuel Blanco, para formalizar o acordo de colaboración co seu xerente, Ibán García.
No marco de devandito convenio, os socios do CD Burela FS poderanse beneficiar dun desconto do 20% ao asociarse a Activity, gozarán de matrícula gratuíta e prezos especiais en eventos do centro deportivo. Ademais, o alumnado da ED Burela FS tamén poderá acceder a un desconto do 10% en actividades infantís. Pola súa banda o club laranxa brindaralle ao centro presenza preferente en encontros e outras citas burelistas, ademais de apoio en actividades propias.
As instalacións de Activity Center ofrecen un amplo e variado servizo deportivo e de lecer. Dispoñen de pistas de pádel, con organización engadida de diversas competicións ao longo do ano (rankings, Copa, torneos, escola de pádel para nenos e adultos), ademais de rocódromo e tirolina, sala de masaxes, sauna e sala de actividades. É o único Centro Oficial Autorizado de Zumba Fitness na Mariña, con clases tamén de pilates, baile latino e de salón, aeróbic, ximnasia de mantemento, step…
A zona de lecer infantil, para aniversario e festas, conta con piscina de bolas, xogos psicomotores, randeeiras, mesas para ler e pintar, crebacabezas… e por suposto un inchable para os máis pequenos. Para os maiores tamén hai unha zona de videoxogos e mesa de ping-pong.
Completan a súa oferta unha aula formativa, para cursos, charlas e relatorios, e a súa tenda deportiva coa mellor roupa e calzado técnico, ademais dunha área de palas de Plan Renove.
Coñece máis sobre Activity Center en www.activitycenter.es.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
