Lugo, 17 de abril de 2015. O BNG denunciou hoxe as “graves consecuencias” da privatización dos Rexistro Civil, que pasará a mans de rexistradores da propiedade e mercantís e que fará que numerosos certificados e documentos non se poidan obter gratuitamente nos Concellos, como ata agora. “Isto obrigará aos cidadáns a pagar por estes certificados e a ter que desprazarse á capital da provincia para obtelos”, alertou esta mañá o portavoz nacionalista, Mario Outeiro, na rolda de prensa logo da Xunta de Goberno da Deputación. O BNG insta ao Goberno do Estado español á inmediata derrogación do Real decreto 8/2014 e á paralización do traspaso do Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís e pide que se garanta o servizo público, a atención nos xulgados de paz e a gratuidade futura nas funcións que prestan os rexistros civís.
O goberno do PP no Estado español aprobou o pasado ano o Real decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, que leva aparellado o traspaso dos rexistros civís aos rexistros da propiedade e mercantís. Desaparece, así, un servizo público que se prestaba gratuitamente en todos os Concellos e pasan a rexistradores privados onde se gravan cun arancel as prestacións realizadas aos usuarios e usuarias. Dese xeito, un servizo até o de agora gratuíto acabará converténdose nun de pago obrigado, o mesmo modelo privatizador de servizos públicos que o PP xa foi introducindo na sanidade ou nos servizos sociais para que as persoas usuarias sexan as que custeen os servizos.
O Rexistro Civil é un servizo público e gratuíto que que regula os datos básicos e esenciais de cada persoa (data de nacemento, defuncións e calquera outro avatar vital) e cumpre numerosas funcións que son indispensábeis para a vida diaria de calquera persoa: inscrición de nacementos, estado civil, cambio de nome ou sexo…, o que o converte nun servizo imprescindíbel. Todas as persoas precisan nangún momento expedir documentos básicos para acreditar a súa situación persoal, uns documentos que, á súa vez, son obrigatorios en moitos casos para cobrar pensión, prestacións de servizos sociais ou axudas públicas.
Con esta decisión o PP rompe o consenso que houbo en 2011 sobre este tema, xa que o modelo aprobado en 2011, que deu luz verde á desxudicialización dos Rexistos Civís, fora produto dun amplo consenso entre o personal da Adminsitración de Xustiza, as CC.AA e as entidades locais, partes todas implicadas até no Rexisto Civil. Por iso resulta máis inexplicábel este cambio de orientación imposta polo Ministerio, ao pasar dun sistema de amplo apoio a un que está un amplo rexeitamento social.
Os cidadáns terán que pagar por certificados e inscricións
O portavoz do BNG na Deputación pón de manifesto que ante a eliminación dos Rexistos Civís e a súa adscripción ao sistema rexistral da propiedade e mercantil cuxo financiamento se basea en exixir o pagamento pola expedición dos seus servizos, os cidadáns terán que pagar pola tramitación de numerosos expedientes e no futuro deberán custear determinadas inscripcións e certificacións.
Salienta o portavoz nacionalista na Deputación que os rexistradores mercantís son funcionarios pero o seu sistema de retribución en base a aranceis que satisfaen directamente os cidadáns que acceden aos seus servizos, fai que teñan un modelo de xestión privado, ao que se lle aplican procedementos propios do dereito privado.
Alonxamento dos servizos á poboación
Ao BNG preocúpalle outro aspecto fundamental desta decisión: o alonxamento da cidadanía deste servizo. Nos Rexistros Civís hai trámites sinxelos, mais outros requiren acudir en persoa. En moitos casos moitos cidadáns e cidadás terán que facer longos e custosos desprazamentos, pois recentemente confirmouse que o Rexistro vai ser asumido unicamente por aqueles que teñen competencias mercantís. O mapa, pois, en Galiza ficaría só con rexistros na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra, fronte á actual presenza dos rexistros civís en todos os Concellos galegos.
“Documentos e cetificados que agora os cidadáns obtiñan a carón da casa, no seu Concello, agora só poderán solicitalo e obtelo na capital da provincia”, alertou o voceiro do BNG. En relación a este feito, Mario Outeiro advirte que se trata “dun chanzo máis da política do PP de desmantelamento de servizos públicos no rural” e da intención do PP de “centralizar todos os servizos nas capitais de provincia”.
Agasallo aos amigos de Rajoy
Despois de ter investido inxentes recursos públicos para a modernización e dixitalización dos rexistros civís, agora póñense en mans privadas, impoñendo taxas que non ingresarán nas arcas públicas senón nas dos rexistradores directamente. E, a maiores, a protección de datos persoais e obrigatorios que contén o Rexistro Civil queda en evidencia ao se poñer en mans de persoal que non ten o carácter de funcionariado público nin o deber de confidencialidade. Sen esquecer tampouco a previsíbel perda de postos de traballo do persoal que se encarga agora dos Rexistros Civís, dependente agora do Ministerio de Xustiza. O Ministerio só se comprometeu a recolocalos nos xulgados o que á vez pón en perigo o posto de traballos de miles de interinos.
“En que se basea o Ministerio para traspasar a máns dos rexistradores mercantís e da propiedade a xestión dos Rexistos Civís? Non sería máis axeitado que fosen considerado un rexisto administrativo xestionado por funcionarios públicos específicos, de xeito gratuito ou baxo a supervisión de Secretarios Xudiciais? “Rajoy non quixo traspasar esta competencia ás comunidades autónomas, pero consuma un despropósito deste calibre para beneficiar aos amigos e colegas de profesión do presidente do Goberno”, denunciou o portavoz nacionalista.



















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



