O BNG-ASEMBLEAS ABERTAS de Xove presentou onte a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais de maio. Foi nun acto convocado no Salón de Actos do Centro Cívico que logrou congregar numeroso público.
O BNG presentou unha candidatura que ilusiona, con xente nova e onde catro das persoas que ocupan os once primeiros postos non foron nunca nunha lista electoral. Marco López foi chamando un por un aos compoñentes da candidatura e conseguiu emocionar o numeroso público asistente ao dedicarlle a cada un dos integrantes da lista unha sincera descrición das súas virtudes, apoiada en grandes fotografías dos candidatos que se proxectaban detrás deles.
Marco López foi moi duro con aqueles que “xustifican con argumentos baleiros” a emigración da xente moza, “unha sangría que incluso fai caer as doazóns de sangue”, lembrou, “debido á perda continua, pinga a pinga, dunha poboación xuvenil que nos está deixando sen país”. E co ánimo de facer socialmente visible este gran problema, o aspirante á alcaldía tivo unhas palabras especiais para dous rapaces e unha rapaza (Samuel, Anxo e Sara), emigrados no Reino Unido na busca de traballo e melloras laborais, que decidiron apoiar o proxecto nacionalista en Xove concorrendo ás eleccións como suplentes. “Somos homes e mulleres comprometidos e traballadores”, dixo Marco, “somos xente que realmente queremos mudar as cousas, pero sobre todo somos un equipo unido, con iniciativa política, capacidade de xestión e recoñecida solvencia nas nosas respectivas actividades profesionais”, sentenciou o candidato á alcaldía.
Ademais do cabeza de lista, Marco López, tamén se dirixiron aos veciños Fernando Suárez e Xosé López Hermida. O alcalde de Ribadeo díxolles aos xovenses que “elixir o BNG, elixir a Marco López como alcalde, é elixir a unha persoa con boas ideas e mellores argumentos”. Xosé Hermida acusou os populares de non teren “proxecto político ningún para Xove”, de gobernaren “por arroutadas”. O número dous da candidatura resaltou que “é a hora da ideoloxía: é tempo de saber onde estamos e decidir cara a onde queremos camiñar”.
CANDIDATURA DO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE XOVE:
1. Marco López López (Funcionario da Administración de Xustiza)
2. Xosé Manuel López Hermida (Profesor de Ensino Secundario)
3. Carlos Fernández Louzao (Xefe de Equipo de Mantemento en Alcoa)
4. Luísa Pernas Quelle (Oficial de Procurador dos Tribunais)
5. Patricia Eijo Gómez (Estudante de Ciencias Políticas)
6. David Díaz Meitín (Operador de Produción en Dixestión – Alcoa)
7. Belén González Martínez (Licenciada en Matemáticas)
8. Rodrigo Baño Pena (Operador de Produción en Dixestión – Alcoa)
9. Laura Vilasa Abad (Diplomada en Educación Infantil)
10. Xosé Luís Vale Blanco (Técnico de Calidade en Conservas Albo)
11. Cristina Lestegás Pérez (Licenciada en Filoloxía Inglesa – Profesora de linguas)
SUPLENTES:
1. Xosé Durán Cao (Xubilado de Alcoa)
2. Yobana González Castro (Auxiliar de Farmacia)
3. Xosé Antonio Alonso Salgueiro (Xubilado de Alcoa)
4. Augusto Albo Ocampo (Mecánico en Bidueiros)
5. Natalia Fernández Álvarez (Xubilada por incapacidade laboral)
6. Samuel Ben Conde (Camareiro nunha cafetaría de Manchester – Reino Unido)
7. Anxo Novo Mexuto (Enfermeiro no Hospital “Queen Elizabeth” de King’s Lynn – Reino Unido)
8. Sara Rei Balseiro (Pedagoga Terapéutica nun colexio de Reading – Reino Unido)



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



