Ribadeo, 21 de abril de 2015.- O BNG-AA convoca ás veciñas e veciños de Ribadeo a compartir uns momentos de lecer á beira dun bo prato que saborear. Falta pouco para que comece a campaña electoral. Serán días intensos nos que intentaremos achegarnos a todos e todas vós para darvos a coñecer as nosas propostas. Serán momentos de intensa relación entre as mulleres e homes da candidatura do BNG ao Concello de Ribadeo e a veciñanza.
Queremos, con esta cea, convidarvos a charlar amigablemente sobre as que serán as nosas propostas máis importantes e infundir o ánimo necesario para chegarmos a todos os recunchos ribadenses.
Depende de nós lograrmos unha afluencia excelente. Convida aos teus achegados a mercar o cartón de invitación en “Pulpeiro Decoración”, no “Tranvía de Lino”, no “Cantón Bar” ou no “Restaurante Voar”.
CEA DE INICIO DE CAMPAÑA.
Sábado 2 de maio, ás 22.00 h.
RESTAURANTE VOAR
PREZO: 18 €





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



