Mondoñedo, 22 de maio de 2015.- Esperanza González Martín asegurou este mércores que a candidatura que encabeza a lista socialista das eleccións municipais do 24 de maio en Mondoñedo “representa a renovación do partido, a xuventude e as gañas de traballar polo futuro de Mondoñedo”.
González asegurou que a xente que a acompaña nesta andaina política son sobre todo “persoas comprometidas coa nosa cidade e capaces de levar a cabo iniciativas encamiñadas a dinamización económica e a creación de emprego en Mondoñedo”.
A lista esta composta por seis mulleres e oito homes, e cabe destacar que entre os seis primeiros compoñentes da candidatura 4 son mulleres, e ademais catro deles é a primeira vez que participan na vida política.
Na candidatura está representado moitos sectores que participan activamente na dinamización de Mondoñedo; como o mercado medieval, actividades culturais , asociacións de veciños ou deportivas. Ademais na lista socialista támen está amplamente representandas as parroquias de Mondoñedo, un sector vital da cidade.
Por último sinalar que a candidatura xa mantivo varias xuntanzas con moitas asociacións de Mondoñedo para perfilar o programa electoral que será un fiel reflexo das necesidades do noso concello e do impulso que precisa.
Candidatura
1-ESPERANZA GONZÁLEZ MARTÍN
Tudela (Navarra). 40 anos.
Xornalista (Licenciada en CC da Comunicación). Actual tenente de Alcalde de Mondoñedo, que xestiona a área de servizos do Concello.
2-JOSE LUIS GARCIA GARCIA
47 anos, da parroquia de Figueiras. Presidente da Asociación de apicultores de Mondoñedo.
3-JESÚS BASANTA VILLALBA
62 anos, da parroquia do Grove. Emigrante rertornado.
4-BELÉN RICO RIVAS
34 anos, do barrio de San Lázaro. Ténico Sanitario do 061.
5-MERCEDES MASEDA LONGARELA
31 anos, do barrio dos Remedios. Estudante de Psicoloxia.
6-ALEXANDRA LOPEZ RODRIGUEZ
35 anos. Socióloga e Traballadora Social.
7-JOSE LUIS CASELAS MOLERO
Empresario. Colaborador de numerosas actividades da cidade.
8-FRANCISCO DOMENECH
57 anos. Sindicalista, membro de protección civil.
9-MANUEL BARREIRA GARCIA
46 anos. Presidente do Mondoñedo Futbol Club. Auxiliar de Farmacia.
10-MAGDALENA DOMENECH GRUÑEIRO
48 anos.Directora do Colexio de Abadin.Foi concelleira nestas ultimas lexislaturas.
11-MODESTO DIAZ GARCIA
59 anos.Formou parte da corporación municipal mindoniense durante 16 anos. É funcionario do Instituto San Rosendo.
Suplentes
12-MARIA TERESA BECERRA
13-JOSE MASEDA RUBIÑOS
14-LISARDO CASTRO COUSO

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



