Burela, 23 de abril de 2015.- Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos facer público que este mércores mantivemos unha reunión con representantes dos traballadores da antiga Ecesa na que nos explicaron a situación da empresa e as perspectivas de futuro que se abren coa oferta dunha empresa mineira punteira para facerse coa planta e empezar a producir de novo recolocando á práctica totalidade dos traballadores.
A preocupación dos traballadores é agora a falla de implicación da Xunta de Galicia en resolver os asuntos pendentes para que isto poida ser unha realidade, xa que os antigos donos seguen a poñer trabas á venda o que dificulta que esta operación se faga efectiva.
Temos que recordar que ademais de garantir a continuidade de practicamente a totalidade dos postos de traballo, a empresa estaría disposta a inverter unha cantidade que andaría polos 10 millóns de euros o que suporía un incremento da produción ó dobre, segundo a propia empresa interesada, có que se garantiría a xeración de novos postos de traballo moi necesarios en Burela.
Dende o PSdeG-PSOE imos a pedir no Parlamento de Galicia a implicación da Xunta de Galicia neste proxecto para que poida comezar de novo a actividade na empresa canto antes recuperando así unha empresa emblemática para Burela e para o seu tecido industrial.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela imos a seguir mantendo reunións periódicas cós representantes dos traballadores para que estes nos vaian informando de como avanza a situación e prestarlles toda a axuda e apoio que poidamos para que a empresa volva a producir no menor tempo posible.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



