Lugo, 23 de abril de 2015.- Todos os acordos en materia de persoal que aproba a Deputación de Lugo reciben o apoio maioritario dos representantes dos traballadores, é dicir da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, dende que o actual Goberno provincial está á fronte da institución fai 8 anos. Deste xeito, o Deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, garantiu que o axuste puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT), que aínda está en negociacións e foi solicitado polos propios servizos, “tamén terá que contar, coma sempre, co respaldo da gran maioría dos sindicatos. Do contrario, non sairá adiante”.
O Partido Popular e a súa voceira provincial “volven a demostrar a súa falta de rigorosidade e manipulación”, pois “dan por feito un cambio que nin sequera está aprobado e que, en calquera caso, para nada levaría consigo as subidas salariais que din”. Pola contra, a finalidade do axuste da RPT, explicou Sotuela, é “dar resposta ás necesidades da nova organización de servizos como o Parque Móbil, que, por certo, nós recuperamos e que o PP tiña en proceso de desmantelamento, e dar a oportunidade de optar a Experto a todas as categorías laborais dentro da administración provincial, pois ata o de agora está limitado para auxiliares e administrativos. É dicir, melloramos as oportunidades de promoción profesional de todos os traballadores da Deputación”.
O Deputado lamentou así mesmo que o PP “volva a poñer na picota aos empregados públicos, aos que castiga reiteradamente, transmitindo por un lado que van a recibir uns sobresoldos desorbitados e, por outro, trate de atenuar o seu ataque recoñecendo o gran traballo que desenvolven os funcionarios e os servizos da Deputación”.
A actitude e as declaracións da voceira popular “son moi dañinas para os traballadores”, engadiu Sotuela, para quen resulta “cínico” que “eloxie o esforzo dos funcionarios que viron mermados os seus ingresos pola conxelación de salarios e a supresión das pagas extras, cando foi o Goberno do Partido Popular o que impuxo estas medidas e eles nin abriron a boca para defendelos”.
“Corriximos os ataques do PP aos traballadores”
Neste senso, o Deputado de Goberno Interior subliñou as importantes melloras introducidas por este Goberno provincial na política de persoal para facela “máis xusta e equitativa”, ademais da súa férrea defensa dos dereitos sociolaborais. “Na Deputación tratamos de corrixir os ataques que o Partido Popular perpetra contra os dereitos dos traballadores”, asegurou. De feito, a lucense foi a primeira Deputación de Galicia en devolver a paga extra de decembro de 2012 a todos os empregados públicos, “que o Goberno do PP lles arrebatou inxustamente”.
Ademais, foi a primeira administración pública de Galicia e a primeira Deputación de España en impoñer cláusulas sociais para blindar os dereitos dos traballadores que prestan servizo ao organismo provincial, “un modelo de contratación socialmente responsable que ningún goberno do Partido Popular asumiu aínda”.























A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



