“Como a meniña tola /que sae por vez primeira /
con dengue e muradana / para a festa do lugar;/
así, xentil e aposta / vai vindo a Primaveira,/
guirnalda de craveles / verquendo ó seu pasar…”
(Curros Enriquez): “A Primaveira”.
O rei da primavera é o mes de maio, nome que procede de “Maia”, nai de Mercurio, deus que representa o trunfo da vexetación, o “mes das flores”. En maio remátase de sementa-lo millo, e cando se facía na última finca dunha casa, poñíase no medio, cravada, unha gran rama de xesta en flor; era “poñer o ramo ó maio”. O mes era saudado pola galanura das súas flores: “velaí ven o maio cargado de flores; detrás ven San Xoan que as trae mellores”. Entramos en maio.; é tempo de sol, necesario da auga da chuvia que empuxa o paso da flor ó froito.A maio refírense unha chea de refráns e ditos referidos á bondade da auga : “esperada como auga de maio”, dise cando se anhela algo. Acontece a apoteose florida da vida, escoitanse os últimos cantos do cuco e os primeiros do grilo, pregoeiros do “tempo claro”, bó agoiro entre as xentes do rural: significa amor, fartura, bó tempo. Comezan as festas do ramo florido. A flor como insignia de vida, porque no ciclo será froito e novamente semente. “Os maios” son unha das festas mais populares do ciclo anual. Aproveitando os froitos que da a natureza apreciase a creatividade das xentes nas composicións florais, ou nas coplas que acompañan ós maios, fundamentais na escenificación da celebración, de orixe prehistórico, cubertos de polas e adornados con flores e vexetación. Maio é o mes do amor, o mes verde e florido. Amor, vexetación e festas interreleaciónanse entre sí: “Aí ven o maio florido e galán / tódalas rapazas amores lle dan” (Alvaro Cunqueiro); festas e ritos que sempre se acompañan con cánticos e coplas, xeralmente de carácter irónico, das que a literatura popular garda numerosos exemplos. En Galicia os maios teñen a súa mais xenuina representación en Ourense.
Suso Fernández.




















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



