A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema “Ruta dos barrios”, realizarán un percorrido de 12 kms e dificultade baixa, por distintos recunchos da “vila” (como popularmente se coñece á capitalidade do Concello de Lourenzá), para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que acostuman pasan desapercibidos na vida diaria. O punto de partida será no entorno da Capela da Santa Cruz, ás 10.00 horas, do domingo 10 de maio. Despois de realizar o trazado circular, confluirán novamente no mesmo lugar para desfrutar dunha comida campestre conxunta, aproveitando a celebración da Romaría da Santa Cruz, que ten lugar durante esa fin de semana. Anotan ata o xoves, 7 de maio; e o prezo é de 15 euros para costear o xantar.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



