Viveiro, 28 de abril de 2015.- O portavoz de AUGA, Autónomos de Galicia, Lisardo Domínguez, acompañado polo responsable da organización en A Mariña, José Luis Moñita, mantivo unha reunión na mañá deste martes coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, na que acadaron un principio de acordo de colaboración entre ambos organismos co obxectivo de “ofrecer os nosos servizos, informar e apoiar de maneira especializada a todos os autónomos deste municipio e arredores”.
Lisardo Domínguez comezou a súa ronda de visitas aos alcaldes de A Mariña por Viveiro porque “ademais de que o peso dos autónomos nesta comarca é moi significativo, supoñen o 29% do total de afiliados á Seguridade Social, Viveiro é o concello con maior número de autónomos da zona cun total de 1.023. Iso sí, continuaremos esta ronda de visitas nos vindeiros meses e no día de mañá estaremos en Mondoñedo”.
Tanto Domínguez como Loureiro coincidiron na tremenda importancia de apoiar ao colectivo de autónomos pois “é un municipio que mantén moi ben as cifras de traballadores por conta propia pero debemos facer despegar os números dunha vez por todas con políticas que fomenten o emprendemento e faciliten o seu día a día”.
Trala reunión coa rexedora, Domínguez agradeceu por unha banda “o interese e compromiso amosado pola alcaldesa de Viveiro á hora de iniciar diversas actividades no municipio dirixidas aos autónomos, xornadas e charlas informativas con temáticas que demanden os propios autónomos, como alternativas á financiación, a lexislacion vixente e as súas reformas, as pensións ou o dereito a baixas. E por outro lado, as facilidades amosadas para dotarnos de un local no que os técnicos de AUGA poidan prestar asesoramento e asistencia técnica ao colectivo”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



