Burela, 28 de abril de 2015.- O día 29 de abril é a data de celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. O IES Perdouro de Burela será a sede para toda a Mariña. Hai inscritos 221 participantes que terán que presentarse ás 09h00 co seu documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte…) e a copia do formulario de solicitude. Pola mañá, de 10:15h ás 13:30h, realizarase a parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). E pola tarde, terá lugar das 16:00h ás 18:30 h. a parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo).
En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instruccións do tribunal.
As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.
As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.
As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.
As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que estamos a carón do Hospital da Costa.
Toda a información en www.edu.xunta.es/fp e http://www.iesperdouro.es























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



