Ribadeo, 29 de abril de 2015.- O candidato do PP á alcaldía de Ribadeo, Jesús López Penabad, anunciou este mércores pola mañá que de ser elixido alcalde construirá un campo de fútbol de herba artificial.
O popular denunciou as deficiencias que presenta o actual estadio Pepe Carrera, cuxo estado, imposibilitou en varias ocasións, o uso de xogo e impediu a celebración de adestramentos e partidos por mor de continuas inundacións.
López Penabad, lembrou que estamos ante un equipo revelación de terceira división polo que ten que contar cunhas instalacións deportivas en boas condicións para os entrenamentos e celebración dos partidos.
Con respecto ao lugar de creación desta infraestrutura, o popular adiantou que se construiría nunha zona dotacional aprobada no Plan Xeral de Ordenación Municipal PXOM, como por exemplo, na zona anexa ao campo actual (detrás da piscina e de FP).
O candidato manifestou que esta obra é urxente en Ribadeo e criticou ao rexedor por estar presumindo de ser unha das principais administracións na defensa da actividade deportiva e sen embargo presenta estes problemas.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



