Madrid, 1 de maio de 2015.- O Ministerio de Fomento licitou, segundo publica este venres o Boletín Oficial do Estado (BOE), as obras para a rehabilitación superficial do firme da carretera N-642 na provincia de Lugo. A N-642 entre Barreiros e San Cibrao, na Mariña lucense, discurre polos termos municipales de Foz, Burela e Cervo. O orzamento de licitación das obras ascende a 1.209.481,93 euros.
A obra consiste na rehabilitación estructural do firme en varios tramos da estrada N-642. Concretamente entre os pp.kk. 28,800 al 36,500; 42,100 al 42,350 y 47,400 al 48,700.
– O primeiro tramo obxecto desta actuación, entre os pp.kk. 28,800 ao 36,500, corresponde co núcleo de Mañente, variante de Foz e ao núcleo de Fazouro.
– O segundo tramo, entre os pp.kk. 42,100 ao 42,350, corresponde ao inicio da variante de Burela.
– O terceiro tramo, entre os pp.kk. 47,400 ao 48,700, corresponde ao final da variante de Burela e o núcleo Daián.
Os traballos centraranse fundamentalmente no fresado e reposición de firme coa eliminación parcial e reposición das capas do firme existente que presentan deficiencias e deformacións. Nestes tramos, ademáis, sellaranse fendas existentes e serán repostas as marcas viais.

























A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



