Lugo, 2 de maio de 2015.- O interese xerado polo III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO, que se celebrará os días 8 e 9 de maio, cumpriu coa tradicional tendenza de esgotar a totalidade das entradas dispoñibles. As 200 prazas dispoñibles, xa que ese é o aforo límite do Salón de Actos do Pazo de San Marcos, esgotáronse en pouco tempo, ao igual que ocorreu nas dúas edicións anteriores.
En todo caso, o evento poderá ser seguido en directo desde calquera parte do mundo a través da rede, grazas á emisión en streaming facilitada pola Fundación TIC. Do mesmo xeito que no caso da modalidade presencial, esta opción será totalmente gratuíta. Ademais, ofrecerase cumprida información a través das contas oficiais do congreso nas distintas redes sociais.
#INLUGO xa é unha cita de referencia no que se refire a cultura dixital. Nesta terceira edición contará con relatores destacados como Ignacio Escolar, director de eldiario.es; Núria Padrós, directora xeral de Ogilvy PR Barcelona; Diana Morales, Social Media Strategist de Telefónica; ou Alejandro Touriño, avogado especializado en Dereito e Redes Sociais.
Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.inlugo.com























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



