O día 6 de febreiro do 2015 o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou a solicitude a Augas de Galicia pola parte dunha pranta de almacenamento e valorización de residuos de construción e demolición construída en As Lagoas, lugar de Acevedo, Obe, Ribadeo para emitir dous verquidos no Rego da Rata -afluente do río Pequeno-. Os verquidos procederían da propia instalacion industrial e dun aseo, e irían primeiro a unhas balsas de decantación e de aló, por unha cuneta de 340 metros, chegarían ao Rego da Rata.
O expediente foi exposto ao público durante 30 días a partir do 7 de febreiro nas dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela e A Coruña -a realidade é que nas oficiñas da Coruña dixéronnos que alí non había nada e que o período de exposición ao público era só de vinte días-.
O Rego da Rata é un pequeno afluente do Río Pequeno na zona límite entre Obe e Cubelas e por tempadas está practicamente seco. Deste rego colle auga algunha casa da zona do Carboeiro, mentres que do Río Pequeno se serve, polo menos, unha gandeiría da zona. A información sobre esta cuestión aos veciños implicados pola parte do Concello foi inexistente.
O día 11 de marzo de 2015, ao ter coñecemento desta situación, o Grupo de Apoio a AGE de Ribadeo presentou unha alegación dirixida a Augas de Galicia e un escrito ao Alcalde de Ribadeo solicitando que o expediente fose exposto ao público en Ribadeo e que se abrise un novo período de alegacións, ademais doutras consideracións. No escrito ao alcalde propoñíase que se apoiase a proposta de exposición pública en Ribadeo e mais que fose o propio Concello quen abrise un expediente investigador e recollese a opinión dos veciños por carecer o noso grupo dos recursos humáns e técnicos axeitados.
A semana pasada recibiuse un escrito de Augas de Galicia que di textualmente: “… compre informarlle que a información pública do expediente de referencia se realizou en todo momento conforme ao establecido no artigo 248 do vixente Regulamento do Dominio Público Hidráulico”. Non hai a máis mínima referencia aos eventuais impactos ambientais, uso público das augas, verquido á ría, etc. que se comentaban na nosa alegación.
No intre de redactar esta nota (23 de Abril) tampouco hai resposta do Concello de Ribadeo.
Grupo de apoio a AGE de Ribadeo.

















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



