NOTA DE PRENSA
“O PP ten que explicar aos mariñans que vai facer coa área sanitaria norte”
“Antonio Veiga advirte que non se poden rebaixar as prestacións sanitarias sen dar explicacións aos usuarios”
“o BNG presentou unha PNL no Parlamento solicitando o mantmento da actual área sanitaria”
A Mariña, 16 de setembro de 2009. O Responsábel Comarcal do BNG, Antonio Veiga, reclamou hoxe ao PP explicacións polos recortes nos servizos e nas prestacións sanitarias no Hospital da Costa e reclamou claridade ao PP en relación á anunciada modificación da área sanitaria norte para que os 72.000 usuarios da comarca saiban cales son as intencións da Consellaría de Sanidade. O responsábel nacionalista anunciou a presentación de iniciativas de carácter social e institucional para manter a actual Área Sanitaria da Mariña con todos os servizos que hoxe se prestan.
Os nacionalistas reclaman ao PP explicacións sobre o anuncio de modificación das áreas sanitarias
Antonio Veiga, volveu insistir hoxe en pedir explicacións ao PP sobre cales son as intencións da Consellaría de Sanidade en relación á anunciada remodelación da área norte de saúde que podería levar á súa supresión para depender da xestión hospitalaria de Lugo. Veiga explicou que os potenciais 72.000 usuarios e usuarias adscritos ao Hospital da Costa teñen dereito a coñecer as intencións da Consellaría sobre a creación dunha única área sanitaria en Lugo anunciada pola Conselleira, Pilar Farjas, na súa visita ao Hospital de Burela. O portavoz nacionalista dixo que “os mariñáns non poden permitirse a perda de mais servizos na comarca, nin rebaixas na súa calidade”, aludindo a que a centralización da xestión hospitalaria en Lugo, provocará desprazamentos á capital da provincia para recibir atención en determinadas especialidades e á posta en cuestión de investimentos previstos nos centros de saúde da comarca así como no propio Hospital da Costa.
Batería de iniciativas sociais e institucionais para manter a área sanitaria da costa coas mesmas competencias que ten hoxe.
O portavoz dos nacionalistas mariñáns, anunciou a próxima presentación dunha batería de iniciativas, tanto sociais como institucionais, a fin de esixir o mantemento da actual área sanitaria, “non é de recibo que os representantes do PP na comarca reclamaran contra perda de servizos na comarca ate fai pouco e agora son os primeiros en iniciar o seu desmantelamento, empezando por un servizo esencial como é o sanitario”. Veiga expuxo que a súa formación xa ten presentada unha Proposición non de Lei no Parlamento Galego a fin de que a Consellaría de Sanidade manteña a actual área sanitaria da costa coas mesmas competencias que ten na actualidade, “non pode ser que en nome das políticas neoliberais que practica o PP, se proceda ao desmantelamento de servizos públicos que tanto custou conseguir”.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



