Burela, 16 de maio de 2015.- O candidato á reelección polo PP e actual alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou este sábado en rolda de prensa celebrada no recinto deportivo de A Marosa, e acompañado por membros da súa candidatura, que nos vindeiros catro anos “o PP vai buscar asentar o deporte que temos, avanzar na dotación e mellora de infraestructuras, e fomentar a participación activa de clubes e colectivos na toma de decisións”.
“A tal efecto, dixo o actual rexedor, crearemos o Consello Municipal de Deportes, que terá como obxectivo xestionar as directrices do concello en materia de deportes”.
Barcia indicou que “neste Consello Municipal de Deportes haberá unha representación de todas as entidades e asociacións deportivas, co que se ganaría en transparencia e participación activa dos auténticos axentes do deporte local, os clubes e colectivos deportivos”.
Ademáis, o candidato á reelección manifestou a intención do seu partido de “deseñar e desenvolver o Plan Director Deportivo Burela 2015/2019, baseado na xestión das infraestructuras, das actividades deportivas, dos recursos humanos e da información e formación deportivas, tales como clinics e similares”.
“Este Plan, asegurou Barcia, será o referente da nosa política deportiva, xa que nel estarán priorizadas as actuacións en materia de infraestructuras, e se planificarán as demáis actuacións para marcar uns obxectivos claros que se deberán conseguir a través dun calendario de actuacións e actividades”.
González Barcia indicou que “no capítulo de inraestructuras apostamos firmemente por un novo pavillón deportivo que se financiaría a tres bandas, Xunta-Deputación-Concello; a nova cuberta para o pavillón dos Castros (cuxo proxecto xa está entregado na Xunta), e por suposto os novos vestiarios do campo de fútbol de herba artificial da Marosa”.
No que se refire ós novos vestiarios da Marosa, Barcia dixo que asumía “a responsabilidade do retraso porque eu mesmo dixen que se ían construir, e é certo que tiñan que estar acabándose, pero tamén é certo que nós fumos os que dimos o primeiro paso para que se poidan facer; espero que se comprenda que as cuestións de carácter técnico-administrativo ás veces superan ós desexos dos politicos”.
Ademáis, “o concello manterá persoal municipal nas instalacións deportivas da Marosa e nos demáis pavillóns para telas no millor estado de conservación e uso posibles, cousa que xa vimos facendo desde hai catro anos”, afirmou González Barcia. “Temos que completar os traballos de mantemento que fixemos e estamos facendo na Marosa”, dixo.
O candidato á reelección indicou que “a sinalización de rutas locáis de sendeirismo e BTT nas contornas públicas será un dos nosos obxectivos nos vindeiros catro anos; no que se se refire ós pasos de tales rutas por propiedades privadas, chegaremos a acordos cos propietarios a tal fin”.
Finalmente, José María González Barcia dixo que “o PP manterá as Escolas Deportivas Municipáis mantendo a súa gratuidade e tentaremos aumentar a súa oferta”. “Ademáis, dixo, iremos incrementado paulatinamente, e a medida que o permita a economía municipal, as subvencións económicas ós clubes e demáis entidades deportivas”.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



