Santo André de Boimente, 18 de maio de 2015.- A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana pasada, con grande exito de participación, un obradoiro de plantas mediciñais, aromáticas e comestibles.
Os Obxectivos que persegue o colectivo de mulleres de San Andrés de Boimente coa organización desta xornada formativa, entre outras, son a revalorización do medio rural e o seu patrimonio natural a través da aprendizaxe e o intercambio de coñecementos persoais, poñendo en valor, ao mesmo tempo, o saber popular das participantes máis veteranas.
As máis de vinte persoas que asistiron ao obradoiro impartido por María, de Xardinería Monte Perdido, e a colaboración de A Estruga, participaron o sábado 16 nunha charla-debate no Centro Sociocultural de San Andrés de Boimente. Durante a primeira parte desta charla-coloquio, celebrada entre as 10.00 e as 11.30 horas a monitora centrouse nos principios activos das plantas o seu tratamento ( recolección, desecación e conservación), as formas de aplicación e as variedades máis comúns da zona. Logo de dar por rematado o debate e as consultas d@s asistentes sobre os usos terapêuticos, culinarios e estéticos das plantas a comitiva saiu polos campos da contorna. Durante esta saída @s participantes aproveitaron para identificar e recoller algunhas das plantas máis comúns da zona (fiunchos, tarrelos, melisa, menta, ortiga…)
Pasadas as 13.30h @s amantes das plantas voltaron ao Centro Sociocultural para xantar e repoñer forzas. Xa á tarde tiveron ocasión de aprender a elaborar cremas e ungüentos, tales como a crema de hipérico, así como infusións e bebidas relaxantes.
No acto de clausura desta Xornada formativa a Directiva ofreceulles @s asistentes petiscos, refrescos e cafés. Durante este acto de peche @s participantes aproveitaron para intercambiar impresións, experiencias e contactos.
A Directiva agradeceu a participación a tod@s @s asistentes e, en especial, o interese amosado polos moz@s presentes nesta xornada polo noso rural e as súas posibilidades de emprendemento e futuro.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



