Barreiros, 18 de maio de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros celebrou este domingo en Celeiro de Mariñaos o Día das Letras Galegas cun xantar-mitin que reuniu a un cento de persoas e onde a candidata do BNG á alcaldía de Barreiros, Ana Ermida, afirmou que o candidato do PP, Alfonso Fuente, “o único que fixo en 10 anos que leva de alcalde foi endebedar o Concello”.
A cabeza de lista do Bloque explicou que “o Concello de Barreiros ten unha débeda cos bancos de 5,5 millóns de euros pola nefasta xestión de Alfonso Fuente que teremos que pagar todos os veciños e veciñas de Barreiros cos nosos impostos durante 20 anos”. Ana Ermida dixo que o actual alcalde, Fuente Parga, “non inviste, despilfarra os cartos de todas e todos”. “En que se gastaron os millóns de euros que ingresou o Concello estes anos por licenzas? Onde están eses cartos?”, preguntou a candidata do Bloque.
Ana Ermida acusou a Fuente Parga de “pasar máis tempo na súa xestoría que no Concello” e de “estar máis preocupado por vender apartamentos no seu negocio privado que en atender as necesidades dos veciños e veciñas de Barreiros”.
“Moita xente que votou ao PP en 2011 avergóñase deste alcalde
A candidata do Bloque pediu ás veciñas e veciños de Barreiros “que non teñan medo a cambiar de voto e confíen no BNG”. “Moitas persoas que votaron ao PP no 2011 avergóñanse de ter como alcalde a Alfonso Fuente”, afirmou, “e por iso non quere sair nos carteis”. Ana Ermida pediulle “a todas esas persoas” que voten ao BNG. “Pedimos que nos dean unha oportunidade e se non o facemos ben dentro de catro anos poden volver ao que había, pero estamos convencidos de que non os imos defraudar, porque o Bloque aí onde goberna non defrauda”, afirmou.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



