Burela, 18 de maio de 2015.- A brasileira Tainã Franciele dos Santos desvincúlase do CD Burela FS Pescados Rubén por motivos persoais; a ala-pivote que recalou na Mariña a comezos da tempada, procedente do Aurora de San Petersburgo, non disputará a recta final da liga co conxunto laranxa.
Tainã despídese de Burela dando as grazas pola acollida da Mariña: “Agradézolle ao club a oportunidade de xogar no fútbol sala español e á vila de Burela e a afección o apoio amosado dende que cheguei”.
O CD Burela FS Pescados Rubén deséxalle a ata agora xogadora laranxa sorte na súa nova andadura.