RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anunciou a inminente execución de obras nos camiños de varias parroquias da vila, concretamente en Piñeira, Vilaselán, Cubelas, A Devesa, Vilaframil e Arante, que terán un montante global duns 180.000 euros con cargo no Plan de Obras e Servizos e no Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural. Ademais, Suárez engadiu que se dotarán de anclaxes os contedores de lixo para que o vento non os mova e non causen perigo para os conductores.
O rexedor ribadense explicou que “quero anunciar a inminente execución de obras no medio rural, en varias parroquias de Ribadeo con cargo a dous plans moi importantes, por unha banda, o Plan de Obras e Servizos que levamos adiante entre o Concello, a Deputación e o Ministerio e por outra banda, o Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural que se leva adiante grazas á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Comezando por este último, é un plan que xa estaba aprobado e feito polo anterior goberno autonómico e pola anterior Consellería de Medio Rural, pero que afortunadamente este novo goberno respetou, o que hai que valorar, e que imos actuar en tres parroquias cun importe de 110.000 euros, básicamente en Piñeira, en Vilaselán e en Cubelas, e por outra banda, no Plan de Obras e Servizos, onde tódolos grupos da corporación, nunha xunta de portavoces puideron plantexar as súas propostas, incorporamos A Devesa, Vilaframil e Arante”.
Fernando Suárez sinalou que “en total son dez camiños nestes dous plans que afectan aproximadamente a cinco quilómetros de vías municipais e que teñen un montante global prácticamente de 180.000 euros. O máis importante de todo isto é que nas vindeiras semanas darán inicio os traballos de asfaltado con rego asfáltico en algúns camiños, en asfaltado con aglomerado asfáltico en outros e unha partida tamén importante duns 24.000 euros para a dotación de anclaxes en contedores de lixo en máis puntos das parroquias da vila evitando así, que moitas veces, o vento mova os contedores ocasionando un perigo potencial para os conductores”.
Suarez cre que “é unha moi boa noticia para as parroquias de Ribadeo esta nova inxección de diñeiro para os camiños, que se vén complementando co esforzo que estamos facendo esta tempada nas parroquias da costa e do interior con cargo a outros plans que executamos neste gran barco que é o Concello de Ribadeo cunha chea de viais públicos que cando acaba un de rematalos nunha parroquia na outra xa se empezan a estropear, xa que son un montón os camiños públicos que temos”.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



