“Foz, Plataforma de Futuro” é a única formación política que propón un cambio de futuro auténtico para Foz. E non un cambio ao pasado disfrazado de renovación das outras alternativas. Ao igual que afirmamos no seu día que esta dereita non ía gobernar Foz cos nosos apoio, non vamos apoiar un cambio ao pasado que pase por Jaime Cancio.
Unha persoa que vota a nosa opción está votando en liberdade e coa seguridade de que non lle van a vender o voto nunha mesa camilla de Lugo, como contrapartida. NÓS NON MERCADEAMOS COA ILUSIÓN DA XENTE.
Estamos moi decepcionados coas propostas de renovación da esquerda deste pobo que pasan por unha coalición de pasado contra natura e unha renovación nacionalista que non garantiza un cambio ao pasado.
Ao final as élites dos partidos tradicionais aos que nos enfrentamos sempre se saen coa súa, da igual populares, socialistas ou nacionalistas. Todos se rixen pola mesma vella política de hai 40 anos. FPF vai a defender Foz con un fortaleza e lexitimidade implacable. OS DE FOZ DECIDEN EN FOZ!
Por eso APELAMOS AO VOTO ÚTIL DE TODA ESA XENTE DE PROGRESO DE FOZ que queira realizar unha LOA Á DEMOCRACIA o próximo domingo. Que aposten polos veciños de Foz que dixeron basta e que baixaron á area política con todos os riscos personais que iso lamentable supón, para eles e as súas familias.
Os veciños xuntos en asamblea semanalmente e dende hai 7 meses, realizamos un diagnóstico que é unha verdade apabullante NON SOMOS A COLONIA DE LUGO, NIN DAS SÚAS ÉLITES POLÍTICAS.
O goberno municipal que saia das urnas o próximo 24M vaino a decidir unha nova xeración de focenses libres. Con responsabilidade. E iso non hai formación política que concorra aos comicios que o poida aseverar coa nosa vehemencia.
Vota “Foz, Plataforma de Futuro”, temos un futuro ilusionante que construir entre todos nós.
https://www.youtube.com/watch?v=hPP7dbfMcUU.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



