“Agradecemos ós focenses a súa confianza e comprometémonos a traballar dende xa mesmo por recuperar o potencial deste gran pobo”. Con estas palabras Luis Alfonso Sixto quere “transmitir a inmensa satisfación desta nova iniciativa política que conta con apenas sete meses de existencia, pero que foi un modelo de traballo, ganas, ilusión e que cumpliu todos cantos obxectivos se propuxo cunha nota extraordinaria.
Temos un equipo de xente detrás impresionante que nos levou en volandas, cunha enerxía inmensa e tratando cun compromiso inigualable cada cousa que tiveron entre mans.
Como dixemos dende un principio esta é unha inicitiva de veciños e veciñas facendo política, cos seus códigos, apoiados na tecnoloxía e utilizando a comunicación para mostrarnos vivos e transparentes. Tal como somos.
Imos sentarnos a analizar con tranquilidade na nosa asamblea veciñal onde estamos e cara onde queremos ir.
Críamos en nós, crestes en nós. Non vos imos fallar”.