Acaso non exista un só pobo do litoral que non vivira, ao longo da historia, o dramatismo da perda de vidas entre os seus mariñeiros. As forzas ceibes da natureza; os imprevistos nun camiño moitas veces ignorado; a falta de recursos para actuar ante o inesperado, etc.., fixo que o mar, tan engaiolante e tan cobizado, se voltase verdugo despiadado. Os accidentes laborais; galernas, temporais e naufraxos, e con eles a morte, tinguiron de mouro, e seguen a facelo, a vida das vilas mariñeiras.
Tódolos mares coñecen das traxedias nas súas augas. Feitos tristes que algúns quedaron no anonimato e outros, pola súa magnitude ou as circunstancias que os arrodearon, permañecen gravados, con trazos indelebles, na historia sinistra da vida mariñeira.
“O Hidro” era unha lancha que chegara a Foz o ano 1930, procedente de Laredo, onde Tristán “o vello”, e Manuel Blanco Muinelo, histórico secretario do xulgado comarcal, a mercaran. Chamábase “Nuestra Señora del Carmen”, pero as xentes deron en decir que, pola velocidade sulcando as augas, mais ben parecía un hidroavión e daí que todos a coñecesen por “ O Hidro”.
Na tardiña do 8 de outubro de 1935, vai facer 80 anos; ao lusco-fusco, cando intentaba pasar a fatídica barra ata a Ribeira, con vinte bañeiras de sardiñas a bordo, envorcou preto da pena Rubia, quedando coa quilla para arriba. Dos oito tripulantes dous desapareceron: Tristán Alonso e Xosé da Palmeira. Ao terceiro día apareceo Tristán nunha praia de San Cibrao e dez días despois Xosé, avistado por un pescador de cana, nunha furada da costa, en Salave, pretiño de Tapia: curiosamente ambos seguiran rumbos opostos. A profundidade dos cantís e a dificultade dos accesos fixeron que os veciños do lugar tivesen que realizar serios esforzos para levar a terra o cadáver de Xosé, que foi soterrado no minúsculo cemiterio de Salave.
Ás veces feitos tan luctuosos, dramáticos, dan pé a que se produzan episodios de fondo valor humano, solidarios, e que as persoas, ao impulso de tal sentimento, arrisquen sen miramentos e mesmo se salten as leis para lograr mitigar a dor allea; foi iste un deses casos. Tempo mais tarde a nai do mariñeiro, María de Gabrieliño,quixo recuperar os restos do fillo e intentouno cumprindo a legalidade, pero os trámites eran longos e moi custosos para aquelas economías de subsistencia e, por suxerencia do cura párroco,don Xosé Louro, acordaron o seu traslado clandestino, para o que se contou coa complicidade da Garda Civil de Tapia e a de Foz, non dándose por enterada da manobra, cando naqueles tempos, tan convulsos, vixiábase a cotío todo movemento na beiramar; circunstancias patéticas, que deron lugar a actitudes dunha grande xenerosidade, altruismo e valor humano ..
Precisábase ademais unha embarcación disposta a asumir o grave risco da viaxe ilegal cun cadáver a bordo, labor ao que se prestou Xesús Lestegás, “ o Relámpago”, vello e recio lobo de mar da nosa adolescencia,, patriarca da coñecida e prestixiosa saga mariñeira, coa súa lancha “María”, da que era dono e que él mesmo mandaba.
O desembarco do cadaleito fíxose no muro da vella farola da Rapadoira e traladouse á casa do armador, en Marzán, onde os restos de Xosé quedaron tres días alumeados por unha “mariposa”, ata que foron depositados no cemiterio parroquial.
A gratitude da nai durou por toda a vida; endexamais esqueceo a acción humanitaria, xenerosa, altruista e arriscada do Relámpago.
Foi o do Hidro un episodio de fondo dramatismo do mar de Foz, e da súa malfadada barra, onde tantos homes do noso mar perderon a vida, e razón primeira que impidíu e impide todo desenvolvemento portuario. A súa lembranza quedou fixada na memoria popular.
O Hidro, ao que se recortou o casco, dedicouse a carrexar, dende a xunqueira da Espiñeira, xuncos para estrar as cortes, e rematou a singradura no pudridoiro do Centiño.María.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



