NOTA DE PRENSA
O GMPP presenta unha moción para crear a comisión de seguemento do Plan Xeral.
González Barcia e Edrosa Fernández acusan ó alcalde de non decir a verdade sobre o Documento de Inicio.
Os populares reúnense coa Comunidade de Propietarios das Casas Baratas.
No concello non consta por ningún lado ningunha copia do Documento de Inicio do Plano Xeral que poida ser consultada pola cidadanía, tal e como comprobaron recentemente varias persoas que se personaron no concello a tal efecto, logo de que o propio alcalde anunciase publicamente que ese documento podía ver calquera persoa que fose polo concello. Nin en Secretaría nin no Departamento de Urbanismo puido ser consultado tal documento. Por eso, os concelleiros populares José María González Barcia e Cristóbal Edrosa Fernández entenden que o alcalde (véxase unha nota de prensa súa de dez do presente mes de Setembro) non dixo a verdade cando afirmou que “dito documento de partida está no concello a disposición dos que desexen velo, tanto particulares como partidos políticos”, porque a disposición dos particulares non está, como se tén demostrado.
É máis, o PP lembra que se enterou do documento polo rexistro de saída do concello, e que tivo que pedir por escrito unha copia do mesmo.
Precisamente para que as cousas se faigan con rigor, o GMPP de Burela vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves, día vintecatro, na que solicita claramente que o Pleno da Corporación Municipal do Concello de Burela acorde a creación dunha Comisión Informativa Non Permanente de Seguemento da elaboración e procedemento do PXOM do Concello de Burela, que se reuniría alomenos con carácter bimensual, e que estaría composta por dous concelleiros de cada grupo político e presidida polo alcalde. Ademais, o Concello de Burela organizaría alomenos tres reunións informativas, de carácter aberto, con veciños: ó remate da elaboración do avance do PXOM, de cara a abrir un prazo de presentación de suxerencias; logo da inclusión ou non das suxerencias, e previa á apertura do período de presentación de alegacións, e con anterioridade á aprobación provisional do documento.
Os populares presentan a moción porque a resposta do alcalde á unha petición semellante feita hai vinte días non foi precisamente nin clara nin convincente, como nel é habitual. Polo tanto, queremos que se posicione no pleno, votando, e así quedará clara a postura de cada quen.
Noutro orde de cousas, membros do PP de Burela, entre os que se atopaban Cristóbal Edrosa e González Barcia, reuníronse onte luns con representantes da Comunidade de Propietarios das Casas Baratas, a fin de analizar a situación deste barrio. A reunión foi positiva xa que non é primeira que se fai con este colectivo, e ademais enmárcase na liña de traballo do PP cos colectivos bureleses para intercambio de información e aportación de solucións.















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



