A Mariña, 3 de xuño de 2015.- Os populares da Mariña lucense salientaron este mércores que o paro rexistrado nas oficinas dos servizos públicos de emprego reducíronse preto dun 11% no último ano. De feito, as estatísticas oficiais revelan que na nosa comarca ten medio cento (572) menos de veciñas e veciños desempregados que en maio de 2014.
Pero a redución progresiva do número de parados non é só unha tendencia puntual senón que, desde que comezou o 2015, as cifras do paro rexistrado baixaron mes a mes, durante os últimos cinco meses, ata situarse en 4.696 parados, lonxe dos 5.305 que se contabilizaban en xaneiro.
Non obstante, a pesar de que a tendencia que se está impoñendo é a da redución do desemprego, os populares aseguran que cómpre interpretar os datos con cautela xa que aínda son moitas as familias que aínda sofren as consecuencias do paro, polo que non estarán satisfeitos mentres non desapareza.
Desde o PP reafirman o seu compromiso coa comarca, materializado en distintos apoios e iniciativas de fomento do emprego (plans de cooperación, obradoiros, axudas para a contratación polos concellos) e sinalan que primeiro obxectivo dos gobernos populares é, e seguirá a ser, o combate do desemprego.
Evolución interanual
Maio 2014 Maio 2015 Diferenza
A MARIÑA CENTRAL 2.063 1.910 -153
A MARIÑA OCCIDENTAL 2.080 1.800 -280
A MARIÑA ORIENTAL 1.125 986 -139
Total 5.268 4.696 -572
Evolución mensual
Abril 15 Maio 2015 Diferenza
A MARIÑA CENTRAL 1.968 1.910 -58
A MARIÑA OCCIDENTAL 1.878 1.800 -78
A MARIÑA ORIENTAL 1.014 986 -28
4.860 4.696 -164



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



