O 8 de xuño celébrase o Día mundial dos Océanos este ano baixo o lema Uns océanos sans, un planeta san. Este venres 5 de xuño para comemorar dita efeméride dende Gaia impartiron unha charlas aos alumnos de 1º do CEIP Virxe do Carme de Burela. As monitoras explican que “intentamos que os rapaces se conciencien do importante que é manter os océanos limpos, para entre todos acabar coa contaminación producida sobre todo polos plásticos. Esta representa unha grave ameaza porque degrada os océanos moi lentamente e os seus efectos perduran no tempo. Pequenos actos como non tirar lixo nas prais axudan a que os nosos océanos e mares reborden vida”.
