Burela, 5 de xuño de 2015.- O fútbol centrou este xoves todas as miradas nas IV Xornadas do Deporte Academia Imdecum coa visita do adestrador do RC Deportivo B e director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera. O técnico coruñés falou dos obxectivos do equipo, coa loita polo ascenso como meta, e da composición do cadro, cun equipo novo, con xogadores a proba de diversas nacionalidades, así como dos métodos de adestramento, baseado na intensidade das accións, a importancia do conxunto fronte ao individuo e na preparación do propio equipo, non tanto no estudo do rival.
Manuel Mosquera, ex–xogador do Deportivo, Estremadura e Compostela, tamén fixo un repaso do seu equipo na liga, que conseguiu ir mellorando co paso dos partidos despois dun comezo complicado con rivais fortes. Este domingo o RC Deportivo B disputará o partido de volta no play off de ascenso a 2ª División B.
Despois de surf, fútbol gaélico e fútbol, as IV Xornadas do Deporte pecharanse o xoves 4 de xuño co piloto de rallyes Pedro Burgo.
Xoves 4 de Xuño
Aula usos múltiples – IES Monte Castelo, 17:30h.
D. Pedro Burgo Vilanova (Piloto de Rallyes)
“Equipo Burgo Rally Team. Creación, proxecto deportivo e preparación anual”





















Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
