5 de xuño de 2015.- O fútbol salga regresa ao verán de Cangas del Narcea en 2015, coa segunda edición do Campus Mixto de Base, que terá lugar entre o 20 e o 25 de xullo. Xunto ao alcalde, José Luis Fontaniella, e o presidente de SD Narcea, José Alberto Andreolotti, o acto de presentación desta mañá, na casa de cultura da localidade, contou coa presenza da concelleira de Deportes, Marta Fernández Álvarez, o encargado municipal de Deportes, José Antonio Menéndez, e o coordinador do campus, o ex-xogador do CD Burela FS Peixes Rubén e actual segundo adestrador do equipo galego, Juanma Marrube.
O clínic de Cangas del Narcea volve ofrecer unha axenda ampla e variada para non rexeitar, destinada como na súa estrea ás categorías entre benxamín e xuvenil (6-17 anos). O alumnado terá a oportunidade de afondar no coñecemento do fútbol sala e o fútbol, coa participación de adestradores de Primeira División; os nenos/ás poderán compartir a pista con algunhas das referencias da máxima categoría do futsal en España pero tamén descubrirán moitas das experiencias e anécdotas destes profesionais. Haberá tempo para aprender e divertirse arredor do esférico, ademais de entretidas xornadas con actividades lúdico-recreativas, práctica doutros deportes, talleres e excursións.
Esta cita estará incluída na Xira 2015 da Fundación Imdecum, recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Colaboracións con campus de base como o Mixto Internacional Burela FS Peixes Rubén dende 2010, ademais da organización de citas de referencia deportiva dentro e fóra de Galicia, como o Torneo de Fútbol Sala Base Memorial Rodrigo Maseda Lozano, son só algunhas das referencias do traballo de Imdecum neste ámbito, que impulsará a partir de 2015 con clínics noutros puntos da xeografía galega como A Fonsagrada, Burela, Alfoz-O Valadouro e A Estrada, continuando coas súas xa tradicionais colaboracións en Asturias.
Nos próximos días facilitarase toda a información sobre a matrícula.
Estrea de grande acollida
A localidade asturiana estreou o campus en 2014 con grande acollida. Un total de 35 alumnos gozaron das actividades coordinadas por Juanma Marrube con visitas de prestixio como o porteiro do Uruguai Tenerife Iago Barro, os capitáns do CD Burela FS Peixes Rubén, Iago Míguez e Edu, o xogador viveirense Christian Chao ou os técnicos Pablo Prieto, de Al-Wahda de Abu Dahbi, Diego Ríos, do Parrulo FS.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
