A directiva da AVV O Tesón ve “con preocupación unha nova privatización do común”. Parece que xa se ten esquecido non só a existencia dos bens comúns, de todos e para todos; senón tamén algún que outro episodio ilustrativo, como o establecemento que se pode ver na zona das Catedrais.
A illa Pancha, un ben común ademais de estar en zona de especial protección de aves (ZEPA) e lugar de interese comunitario (LIC), incluído na Rede Natura 2000, e de xeito evidente, ‘ó pé do mar’, e polo tanto, tendo que ver a lei de costas, vai ser cedido para a súa explotación particular.
Estamos a falar dun lugar que está vedado na actualidade para paso de ribadenses e turistas e que vai ser arrendado, co que se abrirá ó paso dun xeito que non se abriu mentres foi público e exerceu como tal. Fálase de beneficio económico sen contar que xa o está producindo, aínda nas actuais condicións, como atractivo turístico. Fálase do edificio do faro, pero cremos que non se pode separar da explotación da illa enteira.
Fálase de que todo seguiu os cauces legais, e non dubidamos de que, de xeito inexplicable para nós, teña informes positivos ata do Concello ou Medio Ambiente. Fálase de que xa ven de atrás, de hai un ano, e é certo, sabemos quen en agosto do ano pasado atopábase na entrada do concello, no medio de diferentes papeis (‘papelexada’) un escrito anunciando un prazo de trinta días para o recurso; só que o escrito era de maio, que saibamos non se lle deu outra publicidade e había que procurar a documentación in situ en Ferrol. Nesas circunstancias, xa non sabemos se se fala nin de transparencia nin de participación, cousas que si se usaron na campaña electoral.
A día de hoxe, unha vez instalada a polémica (e non só en Ribadeo), seguimos sen saber como actuou o Concello. Na liña doutros informes que se descoñecen, preguntámonos que informe enviou, en que termos, porque queremos saber.
Non escoitamos nada sobre o faro na campaña electoral -pode que se nos pasara por alto-, por iso tamén pedimos de xeito público ós representantes no Concello unha definición e unha explicación.
Remata de coñecerse que outro faro, o de San Antoni, en Alicante, foi indultado do decreto que implica ó faro e illa Pancha. Naquel caso, a protesta comezouse moito antes, é certo, e tamén o é que o faro tiña da súa parte ó Concello, que rexeitou de xeito unánime convertilo en hotel. Con ese apoio, non só se ía a realizar unha manifestación para o día seguinte do indulto, senón que está planificado aproveitalo para actividades para todos. Por certo, no caso alicantino íase pagar o triplo que no caso da illa Pancha polo aluguer: alí, 2500 €/mes. Aquí, polo que parece, non se pensou en facer nada máis que dalo en aluguer canto antes.






















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



