Burela, 9 de xuño de 2015. O 29 de xuño dará comezo a terceira edición da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña. A súa directora, Raquel Hermida, cualifica de “éxito a reserva de prazas que estamos a rexistrar”.
A Escola de Minitalentos en Burela inicia a súa terceira edición o día 29 de xuño, “esta escola de Academia A Mariña é un programa educativo para fomentar a creatividade e imaxinación en idades temperás. Desta forma, as intelixencias múltiples (Howard Gardner) son a base deste proxecto estimulando o talento infantil e conseguindo motivar, potenciar e fortalecer ós nenos e nenas para sacar o mellor que levan dentro”.
Raquel Hermida, a directora da Escola de Minitalentos, destaca que “este proxecto é creado para coñecer as fortalezas e debilidades dos nenos e nenas, potenciar a súa autoestima, conseguir que se relacionen de maneira moito máis aberta, que saiban falar en público, interpretar personaxes, pensar en abstracto, cantar, bailar, investigar, é dicir, ver máis alá dos libros e materias, preparándoos para o mundo como persoas con talento e valores sociais que nun futuro liderarán o progreso da sociedade.”
Mediante xogos especializados, traballos de investigación e talleres interactivos potenciaranse as capacidades e habilidades do ámbito das intelixencias múltiples de cada un dos participantes.
Raquel Hermida engade que “esta é a nosa terceira edición do proxecto, e é moi gratificante ver cómo un proxecto tan novidoso teña tan boa aceptación e tanto éxito de resultados nos participantes, nas últimas edicións conseguimos o mellor dos nenos e nenas, potenciar o seu talento. Nesta terceira edición xa temos a metade das prazas reservadas e toda a programación educativa concretada. Tódolos talleres interactivos e actividades que fixemos nas dúas edición anteriores están publicados no blog http://escuelademinitalentos.blogspot.com.es”
A escola estará aberta de 08:00 a 15:00 para favorecer a conciliación das nais e pais. Os horarios da escola adáptanse ás familias, “desta forma dámoslles a posibilidade de poder empezar ás 09:00, ás 10:00 ou ás 11:00. A Escola de Minitalentos de Academia A Mariña ofrece prezos especiais para familias numerosas, máis dun irmán matriculado, entre outros. Nestes casos o prezo será de 25 euros por semana ou 100 euros por mes”.
As familias interesadas en obter máis información e en facer as reservas de prazas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 25 08 ou á dirección de correo electrónico: raquel@amarina.org.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



